¿Que é Teams en Office 365?
Microsoft Teams é o espazo de traballo baseado en chat de Office 365. Microsoft Teams reúne a persoas, conversas e contidos, xunto coas ferramentas que necesitan os equipos, para que poidan colaborar da maneira máis sinxela e produtiva.
¿Que fai Microsoft Teams?
Microsoft Teams baséase en grupos de Office 365 e permite a colaboración entre persoas dun mesmo equipo ao desenvolvemento dun proxecto concreto, compartindo recursos, e coa principal función da comunicación constante entre os membros do equipo.
Polo tanto, podemos dicir que Microsoft Teams é un chat no que poden traballar persoas dun mesmo equipo, compartindo entre elas os seus recursos. Algunhas das características que inclúe son:
- Chamadas
- Control remoto a través dunha chamada
- Videochamadas
- Compartir arquivos
- Chats de múltiples usuarios
Menú esquerdo e as súas opción
|
---|
Buscar a un usuario e abrir un chat
Na parte superior escribiremos o nome do membro do equipo co que queiramos manter unha conversa.
Unha vez escrito o nome, iremos a contactos e alí nos aparecerá:
Crear un chat con múltiples usuarios
Na parte superior esquerda, faremos clic na opción “crear nuevo chat”, coa que poderemos crear un novo chat con varios membros do equipo.
A continuación, engadiremos un nome para o novo chat e incluiremos os membros que queiramos que integren ese novo chat.
Botóns dentro dun chat
Na parte superior dereita dun chat, poderemos atopar catro botón:
- Videochamada
- Chamada de audio
- Compartir a pantalla
- Agregar persoas
Suxerencia: dentro dunha chamada de audio tamén pode facerse unha videochamada. A opción de ”agregar personas” engade usuarios ao chat do usuario co que teñamos a conversa.
Compartir a pantalla sen chamada
Para compartir a pantalla non é preciso realizar unha chamada. Simplemente premeremos no botón ”Compartir pantalla” dentro dun chat e elexiremos a pantalla que queiramos compartir:
Ao outro membro do chat chegaralle a seguinte notificación. Ao aceptala, xa poderá ver a pantalla que lle comparten.
Unha vez teñamos compartida a pantalla teremos estes botóns. Non poderemos facer videochamada nin sonido, soamente poderemos colgar ou compartir outra pantalla diferente.
Compartir pantalla nunha chamada e ceder control
En Microsoft Teams, para poder compartir pantalla e falar ao mesmo tempo, haberá que realizar unha chamada. Unha vez realizada a chamada, na parte inferior aparecerán os seguintes botóns:
- Activar videochamada
- Activar ou desactivar micrófono
- Compartir pantalla
- Mais opcións (…)
- Colgar a chamada
Para compartir pantalla faremos clic no botón central e seleccionaremos a pantalla que queiramos compartir, ben a través de escritorio ou ben a través das ventás que teñamos abertas.
Para poder ceder o control a outro membro do chat, deberemos compartir escritorio.
Unha vez compartido, na parte superior aparecerá un rectángulo coa opción de ceder o control a calquera usuario da chamada. Cabe destacar que en todo momento poderemos quitar o control ou deter a presentación.
Ao premer o botón dos tres puntiños, aparecerán máis opcións:
Botóns na dereita nunha chamada
Unha vez realizada a chamada, na parte superior dereita atoparemos catro botón:
- Pantalla completa
- Abrir un chat na chamada
- Invitar a alguén
- Configuración de audio e micrófono
Para invitar a outra persoa bastará con premer na opción e escribir o seu nome para agregala á chamada.
Configurar auriculares nunha chamada
- Dispositivos de audio: Elexiremos o dispositivo que empreguemos.
- Altofalante: Elexiremos que o sonido saia polos nosos auriculares.
- Micrófono: Elexiremos que o micrófono sexa o dos nosos auriculares.