Páginas hijas
  • Configuración dos servidores de nomes
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

Configuración dos servidores de nomes DNS

(info.) Se o seu ordenador está nun dominio Windows administrado polo ATIC (RECTORADO ou CACTI) non son precisas estas instrucións, a hora do equipo xa se actualiza de xeito automático.

O servizo de nomes é fundamental para o funcionamento en rede do seu ordenador, dado que é o responsable de traducir os nomes empregados habitualmente (www.uvigo.es) a direccións IP (193.146.32.208).

 

O ATIC proporciona 2 servidores de nomes a ordenadores ubicados dentro da rede da Universidade de Vigo:

  • 193.146.32.86 (dns.uvigo.es)
  • 193.146.32.228 (dns2.uvigo.es)

 

(advertencia) Pregámoslles que, salvo expresa indicación por parte do ATIC, empreguen sempre estes servidores de nomes dentro da rede da Universidade de Vigo, poden existir outros servidores DNS nesta, pero o ATIC non garante que proporcionen o acceso axeitado ou actualizado a todos os servizos nin responde da veracidade da información existente neles.

Configuración de rede en Windows

(info.) Os datos para configurar os seus equipos (dirección IP, porta de enlace, máscara) ten que proporcionalos o ATIC, e pode solicitalos empregando os formularios que se atopan no espazo web do ATIC.

Indique os datos de configuración:

  • Dirección IP, Máscara de subrede, Porta de enlace predeterminada: Estos terán que ser os proporcionados polo ATIC
  • Servidores DNS: 193.146.32.86, 193.146.32.228

(info.) É recomendable "Registrar en DNS las direcciones de esta conexión", dado que o servizo DNS da Universidade de Vigo non soporta esta opción.

Comprobación da dirección IP asignada

 

Configuración con IPv6

Se ten habilitado IPv6 na súa rede e (a día de hoxe recomendamos que empreguen os servidores nas direccións IPv4 indicados ó principio de esta páxina) pode indicar como servidores DNS

  • 2001:720:1214:4200::86 (dns.uvigo.es)

  • 2001:720:1214:4200::117 (dns6.uvigo.es)

 

Configuración dos servidores de nomes en Linux

A ubicación habitual en Linux é no arquivo /etc/resolv.conf ,onde se indican os servidores de nomes empregados e o dominio por defecto.

/etc/resolv.conf
domain uvigo.es
search uvigo.es
nameserver 193.146.32.86
nameserver 193.146.32.228
options timeout:2 retry:1

As opcions indican:

  • domain: dominio de búsqueda por defecto, se un nome se pon sen ".", por exemplo "www", engádese o dominio por defecto.
  • search: listado de dominios por defecto adicionais, pódense poñer varios separados por espacios o tabuladores, neste caso é redundante, pero en departamentos pode ser recomendable indicar varios, por exemplo: "search uvigo.es det.uvigo.es"
  • nameserver: Unha liña por cada servidor DNS
  • options: No se indica normalmente, en este caso forzamos unha temporización menor (2 segundos frente a 5 por defecto e 30 máximo) ó consultar o DNS e un número de reintentos (1 frente ó 2 por defecto e 5 máximo) menor, para empregar mellor o round-robin en algúns servicios. Si temos dudas é mellor non poñer nada.

 

Resolución de problemas habituais e recomendacións

Un nome non se resolve ou non se resolve correctamente

Pode ser de axuda nestes casos baleirar a caché DNS (o almacén de antigas respostas) do seu equipo, esto en Windows pode facerse

  1. Lanzando a liña de comandos.
    Dende o menú de inicio: cmd.exe
  2. Dende esa consola executar: "ipconfig /flushdns"

 

 

  • Sin etiquetas