...
- Pode acceder ao servizo DPV todo o persoal (PDI e PAS) da Universidade de Vigo
- Compre que os usuarios dispoñan de
- Unha conta na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo
- Unha conta de usuario persoal do tipo "usuario@uvigo.es" (ou usuario@uvigo.gal)
Para garantir a identidade dos usuarios, só accederán ao servizo DPV as contas de tipo persoal asociadas a unha conta na Secretaría Virtual.
...
- Consulta de datos de acceso ao servizo
- Só se responderá e/ou proporcionarán estes datos, nos supostos contemplados na lexislación vixente (artigo 38 da lei 32/2003), ao propio usuario, enviándose ao enderezo de correo que corresponde á conta que se emprega para acceder ao DPV (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@uvigo.gal). En ningún caso se proporcionarán estes datos a outras contas de correo ou a outras persoas.
- Recuperación de datos
- O propio DPV dispón dunha papeleira; compre que primeiramente revisen nela para o posible caso de que puidera conter os documentos perdidos
- Non se garante máis que unha copia semanal dos datos, aínda que, de permitilo a infraestrutura de backup, terase unha copia diaria dos mesmos. En caso de perder arquivos poderá solicitarse a recuperación destes da última copia de seguridade anterior ao incidente. Co fin de recuperar a maior cantidade de datos posible, compre que o usuario proporcione unha data o máis exacta posible da data na que se perderon ou se advertiu a falla dos arquivos.
- Problemas co navegador
- Problemas xenéricos con cookies, javascript, etc.
...