...
- As contas en O365 están asociadas a existencia dunha conta de usuario válida e por tanto a que o usuario (PDI, PAS) sexa un traballador da universide ou (alumnado) un alumno con matrícula en vigor.
- Se o usuario deixa de ter vinculación coa universidade borrarase a conta en O365
- Unha vez dadas de baixa as contas pasarán ata 60 días antes de que estas sexan definitivamente eliminadas por Microsoft dos seus sistemas
- En caso de erro, e se se avisa antes deste prazo, pódese recuperar a conta e datos
Datos do usuario
Para prestar o servizo en Office365, envíanse ó provedor, Microsoft, os seguintes datos:
- Dirección de correo principal do usuario no dominio @uvigo.gal
- Nome completo (nome e apelidos) do usuario
Copias de seguridade
Corre por conta do usuario ter copias de seguridade dos documentos aloxados neste servizo. A Universidade de Vigo non proporciona mecanismos de copia ou xestión de versións adicionais ós que poda proporcionar Microsoft para cada un dos servizos prestados.
...