...
- Espazo en disco: O espacio en disco proporcionado é de 5GB por usuario.
- Tamaño de arquivos: O máximo tamaño de arquivo que permite subir o DPV é de 2GB3GB. Se se suben arquivos maiores compre que os divida en trozos menores.
- Copia de seguridade (backup):
- Non se garante máis que unha copia semanal dos datos subiidos ao DPV, aínda que, de permitilo a infraestrutura de backup, terase unha copia diaria dos mesmos.
- As copias de seguridade manteranse un máximo de 6 meses, polo que non se garante a recuperación de datos borrados máis alá dese espazo temporal.
- Antivirus: Tódolos arquivos subidos ao DPV pasan un filtrado antivirus. A Universidade de Vigo non garante, en todo caso, a ausencia total de virus nos arquivos ubicados nos espazos do DPV, e é o usuario quen debe dispoñer dun antivirus actualizado como medida de prevención de infeccións nos seus equipos.
- Privacidade: O ATIC garante a privacidade dos datos, dos arquivos e dos rexistros de acceso aos mesmos.
- Trazabilidade: O ATIC mantén rexistros dos accesos dos usuarios ao DPV (entrada e saída ao sistema, e actualización de arquivos), coa única finalidade de solucionar posibles problemas ou incidentes no uso do servizo e de manter estatísticas de uso do sistema, necesarias para poder dimensionalo de cara á futura evolución do servizo. O ATIC poderá proporcionar ao usuario un rexistro dos seus propios accesos, só baixo petición personal e previa verificación da súa identidade.
...