Árbol de páginas

Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.

...

Pode haber moitas razóns para que o filtro antispam detecte os seus correos como SPAM, entre elas

  1. Enviar correos dende servizos externos á UVIGO (proveedores de recursos externos, Gmail, Otlook.com), empregando un remitente nas cabeceras (From:) dos dominios de uvigo (@uvigo.es, @uvigo.gal, ...). 
    No apartado anterior recóllese a política de envío SPF da Universidade de Vigo.
  2. Enviar correos con enlaces de seguimento de correo (mailtracker)
    Algúns servizos externos (mailttrackmailtrack.io, p.ex.) permiten, engadindo un enlace no pe dos correos, detectar se o correo foi lido polo usuario (se o seu cliente de correo abre automáticamente os enlaces). Este tipo de servizos, a maiores de moi invasivos, envían datos de uso do correo electrónico dun usuario sen consentemento de este a provedores externos, polo que se recomenda encarecidamente non empregalos.
  3. Enviar correos adxuntos executables ou documentos de Word con macros
    En xeral, se ten que enviar un arquivo executable por algún motivo, é preferible que empregue un servizo de disco compartido (https://dpv.uvigo.es, https://filesender.uvigo.es, OneDrive, ...)
  4. Enviar correos con enlaces a páxinas con incidentes recientes de seguridad
    É moi habitual que estas páxinas sexan detectadas durante un tempo como posibles atacantes, polo que se a súa páxina web (p.ex. usuario.webs.uvigo.es) tivo un incidente de seguridad reciente, pode ser preciso durante un tempo non incluir o enlace á mesma no pe dos correos. De persistir a situación uns días despois de solventado o incidente poderían poñerse en contacto con nós para que solicitemos a reitrada da web dos listados de sitios perniciosos.

...