...
Pode haber moitas razóns para que o filtro antispam detecte os seus correos como SPAM, entre elas
- Enviar correos dende servizos externos á UVIGO (proveedores de recursos externos, Gmail, Otlook.com), empregando un remitente nas cabeceras (From:) dos dominios de uvigo (@uvigo.es, @uvigo.gal, ...).
No apartado anterior recóllese a política de envío SPF da Universidade de Vigo. - Enviar correos con enlaces de seguimento de correo (mailtracker)
Algúns servizos externos (mailttrackmailtrack.io, p.ex.) permiten, engadindo un enlace no pe dos correos, detectar se o correo foi lido polo usuario (se o seu cliente de correo abre automáticamente os enlaces). Este tipo de servizos, a maiores de moi invasivos, envían datos de uso do correo electrónico dun usuario sen consentemento de este a provedores externos, polo que se recomenda encarecidamente non empregalos. - Enviar correos adxuntos executables ou documentos de Word con macros
En xeral, se ten que enviar un arquivo executable por algún motivo, é preferible que empregue un servizo de disco compartido (https://dpv.uvigo.es, https://filesender.uvigo.es, OneDrive, ...) - Enviar correos con enlaces a páxinas con incidentes recientes de seguridad
É moi habitual que estas páxinas sexan detectadas durante un tempo como posibles atacantes, polo que se a súa páxina web (p.ex. usuario.webs.uvigo.es) tivo un incidente de seguridad reciente, pode ser preciso durante un tempo non incluir o enlace á mesma no pe dos correos. De persistir a situación uns días despois de solventado o incidente poderían poñerse en contacto con nós para que solicitemos a reitrada da web dos listados de sitios perniciosos.
...