A Universidade de Vigo ten distintos contratos de licenzamento de software que pon a disposición da comunidade universitaria en virtude do cumprimento das condicións particulares de cada un deles.
Para verificar o cumprimento destas condicións particulares é necesario que o usuario se identifique iniciando unha sesión no sistema. Para elo debe seguir a ligazón Iniciar sesión da esquina superior dereita.
Neste sitio web amosarase a información e recursos necesarios sobre as licenzas de software de que dispón a Universidade de Vigo.
O listado de licenzas ofertadas está condicionado pola relación do usuario coa Universidade de Vigo, é dicir, a un PDI se lle presentará un listado distinto do dun estudante.
Se a oferta de licenzas non se corresponde coa súa relación coa Universidade de Vigo deberá actualizar a información da súa conta.