Configuración dun cliente Outlook

(info.) Esta é a configuración para Microsoft Outlook 2013, que pode descargar dende o espazo web do ATIC.

A activación da licencia, estando dentro da rede da Universidade de Vigo, debería ser automática, en caso de ter problemas con ela pode recurrir ó Servizo de Atención ó Usuario (SAUM).

Datos de conexión

 

Crear unha conta de usuario

Dende Outlook ou dende o Panel de Control (no apartado de Correo) pode crear unha nova conta de correo.

A configuración da conta pode ser detectada en Outlook automáticamente ou configurada manualmente.

(advertencia) A detección automática só funciona correctamente para contas do dominio @alumnos.uvigo.es, para contas do dominio @uvigo.es detecta unha configuración incorrecta (a das contas do servizo Exchange da reitoría e edificio de xerencia).

Configuración manual (usuarios nos dominios @uvigo.es e @alumnos.uvigo.es)

  1. Na creación da conta de correo indicar que se quere facer manualmente ("Configuración manual o tipos de servidores adicionales"):



  2. Indicar que se quere definir unha conta "POP o IMAP"
  3. Pedirá que se indique a configuración da conta

  4. En "Más configuraciones..." compre configurar o tipo de cifrado e autentificación para o envío de correo:

  5. Debe indicarse que o acceso de entrada (IMAP neste caso) deb de ser cifrado con SSL, e que o envío de correo (SMTP) debe de ser cifrado con TLS.

    Para o envío de correo compre indicar o porto 587 (o 25 TCP, o máis habitual para o envío de correo electrónico, o máis habitual é atopalo pechado para o envío de correo ó exterior).

  6. Unha vez que prema en "Finalizar" tentará ler e enviar mensaxes, accedendo ó servidor tanto para entrada como para saída, e de este xeito comprobando que os datos do usuario son correctos:

Detección automática da configuración (só para usuarios no dominio @alumnos.uvigo.es)

  1. Pediránselle os datos para creala: Nome, dirección de correo e contrasinal

  2. Tentará detectar automáticamente a configuración do servidor de correo a partir de estes datos, conectándose a:
    https://uvigo.es/autodiscover/autodiscover.xml
  3. Configurará automáticamente a conta
    (tic) Se hai problemas con esta configuración automática pode revisarse manualmente como se indica no seguinte apartado
  4. Se hai problemas coa configuración automática ou se se quere revisala manualmente, pode indicarse, na parte inferior esquerda "Cambiar la configuración de la cuenta", para ver as características:
  5. Amosará as características (servidores de entrada e saída, portos empregados):

  6. En "Más configuraciones..." pode verse o resto da configuración detectada:

  7. Unha vez que prema en "Finalizar" tentará ler e enviar mensaxes, accedendo ó servidor tanto para entrada como para saída, e de este xeito comprobando que os datos do usuario son correctos: