O acceso web ó correo permite definir filtros para mover de xeito automático mensaxes a diferentes carpetas ou para borralos de xeito automático

Algúns filtros, como o de filtrado antiSPAM, veñen predefinidos, para simplificar o filtrado.

Hai que ter en conta, de todos xeitos, como funciona o filtrado anti SPAM que emprega a Universidade de Vigo (Lavadora de RedIRIS):

(info.) Os filtros definidos no acceso web ó correo aplícanse ó buzón do usuario, independentemente de se le o correo dende correoweb ou dende un cliente convencional (Outlook, Thunderbird, etc.)


Activar o filtrado antiSPAM

Configuración do filtrado antiSPAM

No inicio, na pantalla que aparece ó entrar en https://correoweb.uvigo.es, índo ás  opcións de filtrado antiSPAM ("Filtros" → "Filtro de spam")

Ou indo a "Correo" → "Filtros" → "Filtro de spam"

Opcións de filtrado antiSPAM


Gardar e habilitar (Save an Enable) para habilitar o filtrado anti SPAM


Mover a carpetas separadas outros tipos de mensaxes (marketing, social, bulk)

O filtro antiSPAM de Lavadora tamén clasifica as mensaxes que corresponden a envíos masivos. Estas mensaxes non se marcan como SPAM, porque poden con facilidade corresponder a publicidade ou listas de correo que se queren recibir (marketing), listas de correo ou distribución de avisos de administracións (bulk, correo masivo) ou redes sociais (mensaxes de avisos de distintas redes sociais)

Se se quere, por exemplo, mover as mensaxes de publicidade a unha carpeta separada

  1. Crear a carpeta para mover a publicidade

  2. Ir a Filtros (Correo → Filtros)
    E engadir unha nova regra
  3. Indicar para esta regra
    1. Un nome (Publicidade)
    2. A cabecera que se examinará: X-Spam-Class
    3. O valor (neste caso marketing)
    4. A carpeta á que se envía o correo (Publicidade)
    5. A maiores pode marcarse como lida, para evitar que nos distraigan da lectura de outras mensaxes
  4. Gardar a regra (Garda)
    Aparecerá activada no menú de Filtros