O acceso web ó correo permite definir filtros para mover de xeito automático mensaxes a diferentes carpetas ou para borralos de xeito automático
Os filtros definidos no acceso web ó correo aplícanse ó buzón do usuario, independentemente de se le o correo dende correoweb ou dende un cliente convencional (Outlook, Thunderbird, etc.)
Teña coidado ó definir os filtros, se decide que se borren mensaxes en base a filtrados estas non serían recuperables dende copia de seguridade (non se chegaron a gardar no servidor e por tanto non se dispón de copia de elas).
En xeral procure definir só os filtros imprescindibles, para evitar problemas de este tipo.
Para acceder ó menú de "Filtros" pode:
No menú de filtros:
Previamente comprobe que ten creado o cartafol "SPAM".
No seu correo, prema no botón "Acc. de cartafol" e a continuación en "Mostra todos os cartafoles"
No caso de que non vexa o cartafol "SPAM" créeo premendo en "Acc. de cartafol" e a continuación en "Crear cartafol".
Unha vez no cadro de diálogo escriba como nome do cartafol "SPAM", e prema o botón "OK" para gardar os trocos.
Comprobe que xa pode ver o cartafol "SPAM".
Unha vez creado o cartafol, procedemos a crear a regra que arquivará o correo SPAM no referido cartafol.
Tal e como se indica nos apartados deste mesmo documento acceda o menú de regras de filtrado e defina tal e como pode observar na seguinte captura de pantalla:
Pode ver o listado de regras existentes no menú de "Filtros".
Pode borrar as reglas definidas (non as predefinidas de lista branca, negra, reenvío, ausencia ou filtro de Spam) dende o menú de "Filtros"