Visibilidade das contas de correo no Directorio 

O Directorio de correos electrónicos da Universidade de Vigo amosa tódolos enderezos dos usuarios que permiten figurar no mesmo. Isto é, só aparecen aqueles usuarios que non marcaran a opción de que os seus datos sexan privados.

Accedendo a través do portal de entrada ao Correweb (https://correoweb.uvigo.es) e premendo na opción do recadro vermello na seguinte figura

poderemos validarnos cos nosos datos e acceder á páxina dos nosos datos, na que poderemos elexir que a nosa conta sexa visible só para usuarios da UVigo, o sexa para tódolos usuarios da Internet, ou ben non sexa visible. É dicir, todos aqueles usuarios que marquen a opción "NON visible (oculto)", non aparecerán no Directorio.

Acceder ao Directorio de usuarios 

Para acceder ao Directorio dos usuarios de correo electrónico da Universidade de Vigo que permiten aparecer no mesmo, deberemos primeiramente entrar  na nosa conta de correo desde correoweb (https://correoweb.uvigo.es). Unha vez dentro, debemos seleccionar UVIGO Directory na pestana despregable Contactos, tal como se amosa na figura:

Ao acceder, apareceranos todo o listado dos usuarios con contas visibles, organizados por orde alfabética co formato "Apelidos, Nome".

Se desexamos ver aos usuarios que aparecen podemos seleccionar a letra do seu primeiro apelido, tal como aparece na figura na parte da dereita, para que se amosen listados: