Para acceder ao Directorio de usuarios de correo electrónico da Universidade de Vigo que permiten ser visualizados, deberemos entrar primeiramente na nosa conta de correo desde correoweb (https://correoweb.uvigo.es). Unha vez no noso correo, deberemos seleccionar UVIGO Directory na pestana despregable Contactos, tal como se amosa na figura:

Ao acceder, apareceranos todo o listado dos usuarios con contas visibles, organizados por orde alfabética e con formato "Apelidos, Nome". Se desexamos buscar a algún usuario en concreto, tan só deberemos seleccionar a letra do seu primeiro apelido, tal como aparece na figura: