Hai tres maneiras de proceder para eliminar as mensaxes da Bandexa de Entrada, ou de calqueira outra carpeta que teñamos creada, enviándoas á Papeleira.

Coma exemplo, amosaremos aquí as posibilidades de eliminación desde a Bandexa de Entrada. Para iso situarémonos nela, poidendo así visualizar as mensaxes que teñamos.

 

Poderemos seleccionar unha ou mais mensaxes premendo sobre elas co rato ou ben marcando directamente as ventás que aparecen á súa esquerda tal e como se amosa na figura:


Se quixeramos marcalas todas, tan só teriamos que marcar a ventá superior tal e como se pode ver na figura:


É importante suliñar que, en canto hai alomenos unha mensaxe seleccionada, aparece na parte superior do noso correo unha pestana co icono Eliminar.

 

Agora teremos tres posibles opcións de eliminación (envío á Papeleira) das mensaxes seleccionadas: