É un sistema que permite acceder a diversas aplicacións web da Universidade de Vigo identificándose unha única vez, de xeito que se poida cambiar de aplicación sen necesidade de volverse a identificar.
Ó tentar acceder a unha aplicación por primeira vez o teu navegador será redirixido á páxina de "Identificación de usuario" da Universidade de Vigo, na que te terás que identificar, indicando a túa conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo,es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e o contrasinal asociado a esta. Se a identificación é correcta volverás automáticamente á aplicación á que intentabas acceder.
Cando premas o botón de "Saír" dunha aplicación estarás pechando a sesión en todas as aplicacións conectadas ao sistema.
En todo caso, para desconectarse recomendamos pechar o navegador (todas as ventanas que estean abertas).
No sistema de autenticación dentralizado da Universidade de Vigo pódeste autentificar de varios xeitos:
No caso dos mecanismos de identificación que empregan un contrasinal tes que ter en conta que o contrasinal do NIU e o da conta de usuario os estableces tí ó utilizalos por primeira vez e non teñen por que ser necesariamente os mesmos.
Se xa non tes vinculación coa UVIGO e por tanto non tes dereito a ter conta de usuario, poderás identificarte para o acceso a algúns servizos mediante o NIU ou tamén mediante o o DNI electrónico.
Se és un alumno con matrícula activa, ou un PAS ou PDI, tes asignada unha conta de usuario. Podes activala ou establecer un novo contrasinal se o esqueceche dende este enlace.
Para activar a conta podes indicar os datos do teu NIU (NIU, DNI, clave de acceso) ou empregar o teu DNI electrónico.
Para autentificarte cos datos do NIU compre dispoñas de ese acceso antes de activar a conta de usuario. Nesta páxina podes atopar un titorial que indica cómo facer esta activación.
Para obter o teu NIU tes que acceder a Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.
No enlace "Cree o seu NIU" indicaráselle cómo proceder para crear o NIU e contrasinal de acceso se non dispoón de eles.
Se esqueciches o contrasinal da conta de usuario e coñeces o teu NIU ou tes DNI electrónico podes establecer un novo contrasinal dende este enlace.
Podes autentificarte nesa páxina:
Se esqueciches o contrasinal do NIU podes recuperalo empregando o formulario de recuperación de datos de acceso.
Pedirate a conta de correo que aparece como contacto na Secretaría Virtual, esta será, se es un alumno, a que indicaches durante o proceso de matrícula e, se es un PAS ou PDI, será probablemente a túa conta de correo persoal de UVIGO (usuario@uvigo.es).
Se tes problemas co acceso mediante DNIe podes verificar o funcionamento correcto de este na web dnieletronico.es
Se os problemas persisten podes poñerte en contacto co Servizo de Atención ó Usuario (SAUM)) da Universidade de Vigo.
NON, dependerá do servizo ó que desexes acceder.
Para servizos que se empreguen para acceder a datos persoais só te poderás autentifcar coas contas de correo pesroais, non coas institucionais, dado que estas identifican a un posto, servizo, departamento, etc., e non a unha persoa.
É decir, as contas do tipo secretariacentro@uvigo.es, decanato@uvigo.es, postobase_servizo@uvigo.es, asociacion@uvigo.es, departamento@uvigo.es, etc., non se poden empregar para acceder a estes servizos.
Para outro tipo de servizos poderás acceder con calqueira conta do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es
As características da conta que podes modificar, a maiores do contrasinal, e o xeito de facelo, o podes consultar nesta páxina.
Esta autentificación emprégase para acceder ás seguintes aplicacións web:
Co tempo iremos engadindo máis aplicacións a este sistema.