Descrición

(info.) Este é un servizo en probas, pode sufrir variacións nas condicións de servizo, que se indicarán neste documento.

O servizo de Disco Privado Virtual permite ter un espazo propio para almacenamento de arquivos en rede ó que os usuarios acceden tanto se se atopan conectados á rede da Universidade de Vigo como se se atopan en calquera ubicación na que poidan navegar por internet.

O servizo de Disco Privado Virtual permite tamén compartir documentos con outros usuarios do DPV ou con persoas alleas a este ou á propia Universidade de Vigo.

O acceso a este servizo faise cun usuario do dominio @uvigo.es (do tipo usuario@uvigo.es). Pódense empregar como mecanismos de autentificación o DNIe ou os datos de acceso á secretaría virtual (NIU, número de documento e clave).

Como acceder ó servizo DPV

Quen pode acceder ó servizo DPV

Con que usuarios podo compartir arquivos

Pode compartir arquivos con calquer usuario, tanto da Universidade como externo á mesma.

As capacidades á hora de compartir arquivos con usuarios do propio DPV son maiores.

Como compartir arquivos cun grupo de usuarios

Dado que os grupos e a organización da Universidade son moi variables, non se establecen grupos dentro do propio DPV. Se quere compartir datos dentro dun grupo (unha carpeta común dun grupo de investigación, para un proxecto, etc.):

De que espacio dispoño

Asignarase un espacio de 5GB por usuario.

Atención a Usuarios

Direccións e teléfonos: http://www.uvigo.es/uvigo_es/administracion/atic/

Prestaranse os seguintes servizos:

Limitacións do Servizo

Normas e condicións de uso

Os usuarios comprométense a:

Co uso do DPV o usuario comprométese a aceptar estas condicións de uso.