Editar opcións

Para editar as opcións do usuario, pode, dende a barra superior, ir ó menún "Opcións":

Visualizar mensaxes en modo de vista de conversa

Para activar a "vista de conversa" no correoweb, de xeito que poidamos ver todo o fío dunha mensaxe e as respostas posteriores, faremos o seguinte:

1.- Seleccionamos Preferencias > Correo > Caixa de correo > Amosar Caixa de correo

2.- Vamos a Criterio de ordenación predefinido e seleccionamos Tema. En Sentido de ordenación predefinida, seleccionamos Descendente. Para gardar os cambios, prememos en Garda:

3.- Por último, para visualizar conversas, na Bandexa de Entrada prememos no triángulo ao lado de Asunto e seleccionamos Thread Sort:

Establecer identidade

Pode ter unha (a que se ten por defecto) ou máis dunha identidade no acceso web ó correo, na que pode indicar:

Establecer características dunha identidade

Cambiar a identidade por defecto

Para proceder a cambiar a identidade por defecto coa que se envían os correos electrónicos deberemos proceder tal e como se detalla a continuación:

Pode comprobar que todo o proceso foi realizado correctamente dirixíndose á páxina principal facendo clic na icona da universidade de vigo que aparece na parte superior esquerda.

e unha vez na páxina principal, observando que na parte superior dereita aparece o novo perfil coa conta uvigo.gal.

O envío dos correos por defecto efectuarase coa nova identidade definida; pero, se o desexa, pode elexir con cal das identidades realiza o envío tal e como se amosa na imaxe a continuación.

Na conta de correo poderá tanto recibir como enviar correos no dominio uvigo.es e uvigo.gal.