Aceptar só peticións nunha URL determinada

Os espazos web son accesibles a través de varias URLs:

Por diversos motivos (por comodidade, para simplificar o acceso, etc.), o usuario pode querer acceder só por unha de elas.

Un xeito sinxelo de facer esto, e redirixir todas as peticións a http://usuario.webs.uvigo.es, é poñer, nun arquivo .htaccess na raíz do sitio web (dentro do directorio public) un arquivo similar ó seguinte (substituíndo "usuario" polo seu usuario web):

  RewriteCond %{HTTP_HOST} =usuario.webs2.uvigo.es
  RewriteRule ^(.*)$    http://usuario.webs.uvigo.es/$1 [L,R=301]

  RewriteCond %{HTTP_HOST} ^(webs([0-9]+).uvigo.es|webs.uvigo.es)$
  RewriteCond %{REQUEST_URI} ^/usuario/
  RewriteRule ^/usuario/(.*)$    http://usuario.webs.uvigo.es/$1 [L,R=301]

 

Limitar acceso a páxinas web (.htaccess)

Arquivo .htaccess

Para limitar o acceso a unha ruta no servidor web pódese facer incluíndo un arquivo de nome ".htaccess". Se non se indica expresamente limita o acceso á carpeta na que está ubicado e a todas as que estén por baixo de ela. Pode terse un arquivo de este tipo en calquera carpeta do seu espazo web.

O contido é similar ó seguinte:

AuthType Basic
AuthName "Zona Restrinxida"
AuthUserFile "/var/www/vhosts/usuario/private/.htpasswd"
Require valid-user

Arquivo .htpasswd (contrasinais e usuarios)

O arquivo .htpasswd (AuthUserFile) é un arquivo que contén os usuarios e contrasinais aceptados para o acceso a esta páxina web.

(info.) Compre que en "AuthUserFile" indique a ruta do arquivo .htpasswd de xeito absoluto, como: /var/www/vhosts/usuario/private/.htpasswd (esta é a ubicación que recomendamos para este arquivo).

Ten un formato do tipo:

usuario1:$1$TxjLW0lq$G3THdh2ZxuQxxXM3awSP3.
usuario2:$1$0QtBsYvb$kwVA8UyJn37gV8h6JXH5T1

Onde o primeiro campo son os usuarios admitidos (usuario1, usuario2, ....) e o segundo un "hash" do contrasinal. Este arquivo pode crearse coa utilidade "htpasswd" ou directamente creando o "hash" md5 do contrasinal elexido.

Recomendacións