No espazo web persoal por defecto NON hai bases de datos creadas para este.
Se precisa dunha base de datos debe de solicitalo a dirección de soporte do hosting web, soporte.http@uvigo.es dende a dirección de correo asociada á páxina web.
As credenciais de acceso (usuario e contrasinal, nome da base de datos) serán enviadas por soporte.http@uvigo.es á dirección de correo electrónico que indique, ou será posible consultalas a través do portal do aloxamento web (http://usuario.webs.uvigo.es/portal)
As limitacións para a creación de bases de datos son as seguintes:
Dende o portal de administración do espazo, pode acceder á administración da base de datos premendo no enlace que indica "phpMyAdmin":
Unha vez na páxina poderá ver as bases de datos asociadas a este, únicamente unha base de datos propia, normalmente co mesmo nome que o usuario:
No acceso dende php debe indicar os datos de acceso que se lle proporcionaron.
Compre utilizar como nome de servidor "localhost.uvigo.es" ou "127.0.0.1", para indicar que se conecta a un servidor local, e que non empregue o máis común "localhost". Debido ó xeito en que está configurado o acceso ó servidor de bases de datos este último mecanismo non funcionará correctamente.
$conn = mysql_connect ( "localhost.uvigo.es", "usuario", "password" ) ; |