A universidade está a migrar o seu sistema de correo electrónico á plataforma Office 365. Isto significa que a partir de agora e durante os próximos meses todas as contas migraranse progresivamente aos novos servidores de Microsoft e, finalmente, desaparecerán os actuais servidores de correo. Se vostede está a leer nestes momentos esta guia é porque ten chegado o momento de migrar a sua conta ó novo sistema.

Neste proceso os enderezos de correo electrónico non cambiarán (seguirán sendo usuario@uvigo.gal ou usuario@uvigo.es) pero será necesario realizar axustes na configuración do correo electrónico no momento en que se migre cada unha das contas. Isto conseguirá as seguintes vantaxes:

É importante aclarar que no momento da migración non se perderá ningún correo electrónico, simplemente recibiranse nos novos servidores e polo tanto será necesario comezar a utilizar un novo correo web en lugar de "correoweb.uvigo.gal" e/ou cambiar a configuración dos nosos programas de correo.

O proceso de migración realizarase por lotes, polo que no momento que toque migrar a súa conta recibirá un correo electrónico que lle notificará que nos próximos días a súa conta será migrada ao novo sistema nunha data concreta. Polo tanto, os correos electrónicos recibidos con posterioridade a dita data serán consultables no novo portal web www.office.com independentemente de que sexa necesario reconfigurar os programas de correo electrónico que tamén se poidan utilizar (Thunderbird e Outlook na maioría dos casos). Cando reciba a notificación de que a túa conta se vai migrar, deberá seguir as instrucións que atoparás nos "pasos para o uso da nova plataforma de correo electrónico". Leer e seguir os pasos descritos neste documento é imprescindible no proceso de migración. Por favor prema no enlace seguite e siga as suas instrucciones si ten chegado o momento de mrigrar a sua conta:

Se además ten reenvío de correo ou aplica algunha regra de filtrado, teña en conta que deberá eliminalos da túa configuración actual no servidor antigo (correowe.uvigo.es) e reconfiguralos no novo servizo de correo de Office 365 (www.office .com):

É moi probable que utilices un programa de correo electrónico específico. Os máis habituais na comunidade universitaria son Outlook de escritorio nas súas distintas versións e Thunderbird. Se é o teu caso, nos seguintes enlaces atoparás guías de configuración e migración para ambos os programas: