Configuración do cliente ActiveSync en dispositivos móviles

Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia

(warning) O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.

(warning) Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.

Configuración do cliente ActiveSync

Algúns teléfonos permiten o acceso ó correo con ActiveSync, polo que poden ser empregados para acceder directamente ás contas Exchange  (correo, libreta de direccións, axenda).

Excede o propoósito de este documento o indicar un listado ou referencia de modelos de teléfono móvil que soportan ActiveSync.

Os datos de conexión con ActiveSync son os seguintes, o xeito de indicalos pode variar según o modelo de teléfono empregado:

Servidorcorreoweb.rectorado.uvigo.es 
Acceso cifrado (SSL)(tick) 
Usuariousuario

Nalgúns dispositivos compre indicar o usuario como: dominio\usuario

RECTORADO\usuario

DominioRECTORADO 
Sincronizar

Correo

Libreta de direccións

Axenda

 

Exemplo de configuración (Windows Phone)

(info) Este é un exemplo de configuración cun emulador de Windows Phone, a configuración exacta pode variar. Neste exemplo o usuario empregado é do dominio EXCHANGE, aínda que o habitual será que sexan do dominio RECTORADO.

(info) Nun primeiro intento podemos ver se o descubrimento da configuración funciona correctamente, de ser así os seguintes pasos non serían necesarios.

(info) Se o anterior non funciona correctamente, indicar que non se descubra automáticamente a configuración e indicar manualmente esta:

 

(info) Aquí unha vez máis podemos ver se detecta a configuración de Exchange correctamente de xeito automático, de ser así os seguintes pasos non serían necesarios. Se a configuración automática non é correcta deberemos indicar esta manualmente:

Por último indicaremos qué información queremos recoller no dispositivo móvil. Normalmente será toda a dispoñible (correo, contactos, calendario, tarefas):

Exemplo de configuración (Android)

Este é un exemplo de configuración nun dispositivo Android, a configuración exacta pode variar. Neste exemplo o usuario empregado é do dominio RECTORADO.

O resto das pantallas pódense aceptar os valores por defecto que son os máis apropiados para a maioría dos casos.