
Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia
O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.
Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.
Problemas habituais no acceso a contas Exchange
Non se conecta ó servidor Exchange
Pódese probar a conexión de dous xeitos:
- Lanzando outlook con opcións de depuración:

- O máis sinxelo é probar dende as opcións de depuración de erros do propio Outlook
Para acceder a estas opcións:- Lanzar Outlook 2010 ou posterior
- Unha vez lanzado
- Premer tecla de Control (calqueira das dúas)
- Sobre o icono da barra de ferramentas que aparece na parte inferior dereita da pantalla premer o botón dereito sen soltar a tecla Control

- Seleccionar: "Estado de la conexión"

Amosará unha pantalla na que indica a qué servidores se está conectando, se pode conectarse e qué é o que Outlook intenta facer:

Autodetección incorrecta da configuración de acceso
Un xeito de comprobar esta autoconfiguración é empregar a opción de "Probar autoconfiguración del correo electrónico...".
Para empregar esta opción (o indicado é para Outlook 2010):
- Lanzar Outlook 2010 ou posterior
- Unha vez lanzado
- Premer tecla de Control (calqueira das dúas)
- Sobre o icono da barra de ferramentas que aparece na parte inferior dereita da pantalla premer o botón dereito sen soltar a tecla Control

- Seleccionar: "Probar autoconfiguración del correo electrónico..."

- Pedirá:
- Usuario (usuario@uvigo.es)
- Contrasinal
- Indicar "Probar" e copiar o resultado da proba

Indicar usuario e contrasinal:

Pedirá que se volva a indicar usuario e contrasinal, indicar dominio (EXCHANGE\usuario ou RECTORADO\usuario) e contrasinal

Esta configuración proba non so o servizo de autodescubrimento de Outlook senón tambén as combinacións habituais de entradas DNS (pop.uvigo.es, imap.uvigo.es, smtp.uvigo.es, ...)
Isto é lento, se se quere facer unha proba máis rápida compre seleccionar só "Usar Autodetección"
