Manual do usuario das listas de correo

¿Como se teñen que usar as listas de correo?

As listas de correo están suxeitas a unha serie de normas de uso, normas que é preciso seguir co fin de garantir o correcto funcionamento do servicio.
Estas son as seguintes:

¿Que listas de correo existen?

Co entorno do servidor de listas pódese ver cáles son as listas de correo das que se dispoñen na Universidade de Vigo. Para consultar os listados de distribución dispoñibles ten que ir a dirección
http://listas.uvigo.es.

(info.) Neste listado aparecen soamente as listas de correo que están declaradas como públicas.

Se quere acceder a unha lista privada pode:

Como acceder ás listas de correo

Hai varios xeitos de acceder ás listas de correo:


Uso das listas

Hai dous xeitos de empregar as listas de correo.

Usuarios e direccións

Rexistrarse como usuario

Aínda que xa esté como membro de diversas listas compre que se rexistre como usuario no novo servizo de listas de correo.

Isto é algo que pode facer de xeito sinxelo dende:

  1. Ir a https://listas.uvigo.es
  2. Na parte superior dereita premer "Registrate"

     
  3. Indicar datos da conta de usuario
    1. Conta de correo
    2. Nome de usuario: o máis sinxelo é indicar a mesma conta de correo (usuario@uvigo.es, p.ex.)
    3. Contrasinal: é un contrasinal específico para a xestión de listas de correo, non é preciso indicar o mesmo que se ten para outros servizos
  4. Enviarase unha petición de confirmación á conta de correo indicada
  5. Recibirá, pasados uns minutos, un correo na dirección indicada
    Prema no enlace que se envía, e activará o seu usuario no xestor de listas de correo


Acceder como usuario (xa rexistrado)

  1. En https://listas.uvigo.es ir a "Login"
  2. Indicar os datos de login
  3. No primeiro acceso enviará outro mensaxe de correo de confirmación, cun enlace que é preciso seguir para confirmar o acceso
  4. Accederá ás súas subscripcións de listas de correo


Configurar conta de usuario

Dende o menú da parte superior dereita, en "Cuenta", pode configurar varias características



Configurar características de recepción de mensaxes

Dende o menú da parte superiro dereita, en "Mailman settings", pode configurar varias caracterśitcas:



Xestión de listas (web)

Subscrición / desubscrición

Ir á opción da parte superior, "Lists".

Por defecto amosará só as listas á que se está subscrito, se se queren todas, no desplegable, en lugar de "Filter by Role", seleccionar "All"

Isto é preciso se se quere buscar unha lista á que subscribirse

Pode

Configurar opcións de suscrición

Indo a "Listas" e dende ahí a unha lista concreta, pode configurar as opcións de subscripción a esa lista de correo.


Configurar as opcións de suscrición (listado)

Pode configuralas en Mailman Settings  → Preferencias por Lista

Polo xeral recomendamos empregar como tipo de entrega:

Xestión das listas de correo por correo electrónico

O xestor de listas de correo tamén ofrece ós usuarios unha interface por medio do correo para modificar as súas preferencias. Isto quere dicir que vostede pode configurar as súas listas enviando mensaxes de correo electrónico ó servidor de listas. Existen un conxunto de direccións de correo especiais nas que realizar estas tarefas.

(info.) Para ilustrar o proceso con exemplos utilizaremos a lista “inforede”, pero para realizar as accións sobre calquera outra lista chega con cambiar a palabra inforede polo nome da lista desexada. A continuación descríbense as accións máis habituais:

Subscribirse a unha lista

Ten que enviar desde un cliente de correo no que ten configurada a súa dirección como remitente unha mensaxe á dirección: <nome-lista>-join@listas.uvigo.es
O asunto e o contido da mensaxe non importan, podéndoos deixar vacios. A continuación recibirá unha mensaxe na súa dirección de correo ca que poderá confirmar a súa subscrición na lista.
Exemplo: inforede-join@listas.uvigo.es.

Desubscribirse de unha lista

Ten que enviar desde un cliente de correo no que ten configurada a súa dirección como remitente unha mensaxe á dirección: <nome-lista>-leave@listas.uvigo.es
O asunto e o contido da mensaxe non importan, podéndoos deixar vacios. A continuación recibirá unha mensaxe na súa dirección de correo ca que poderá confirmar a súa baixa na lista.
Exemplo: inforede-leave@listas.uvigo.es.

Obter o listado de direccións subscritas nunha lista

Ten que enviar desde un cliente de correo no que ten configurada a súa dirección como remitente unha mensaxe á dirección: <nome-lista>-request@listas.uvigo.es
No contido do mensaxe deberá engadir a palabra who, deixar un espacio e engadir a continuación o seu contrasinal para esta lista. A continuación recibirá unha mensaxe co listado das direccións públicas dos
subscritos na lista se esta está dispoñible ós seus membros.
Exemplo:

To: inforede-request@listas.uvigo.es
Asunto: (non importa o contido)
Mensaxe:
who xxxxxx

(info.) Se o seu programa de correo engade ó final de cada mensaxe unha firma terá que incluir na mensaxe unha nova liña ca palabra end, co fin de non confundir ó interprete do xestor de listas.

Exemplo:

To: inforede-request@listas.uvigo.es
Asunto: (non importa o contido)
Mensaxe:
who xxxxxx
end