Configuración dun Mozilla Thunderbird

(info.) O cliente de correo Mozilla Thunderbird debería detectar automáticamente os datos de conexión (servidores a empregar, protocolos), en principio debería de poder saltar á sección "Configurar unha conta de usuario"

Datos de conexión

 

Configurar unha conta de usuario

Dende a ventana principal de Outlook pódese crear unha conta de usuario nova:

  1. Lanzar Thunderbird e seleccionar "Crear una nueva cuenta"
  2. Omitir o paso de creación dunha conta de correo, indicando que se quere saltar esto e usar unha conta xa existente, "Saltarse esto y usar mi cuenta de correo existente":
  3. Pediránselle os datos para creala: Nome, dirección de correo e contrasinal

  4. Tentará detectar automáticamente a configuración do servidor de correo a partir de estes datos, conectándose a:
    https://autoconfig.uvigo.es/mail/config-v1.1.xml


  5. Configurará automáticamente a conta
    (info.) En principio chegados a este punto Thunderbird debería de ter detectado a configuración correcta, polo que só tería que premer en "Hecho" e a configuración estaría feita.
    (tic) Se hai problemas con esta configuración automática pode revisarse manualmente
    En todo caso pódese comprobar unha vez detectados os valores premendo no botón "Config. manual"

  6. Se se selecciona "Config. manual" (non debería ser preciso) pódese ver esta configuración

  7. (info.) Se en lugar da configuración con acceso IMAP prefire empregar POP, ten que revisar esta configuración detectada, indicar como "Entrante:" "POP3" e como servidor para a lectura do correo pop.uvigo.es:

Axuste manual da configuración

(info.) Se a autoconfiguración non funciona, ou se posteriormente á instalación decide revisar ou modificar a configuración pode facelo dende o menú "Ver configuración de esta cuenta":

  1. Seleccionar "Ver configuración de esta cuenta:
  2. Revisar ou modificar a configuración de acceso á súa conta de correo:

Axuste da configuración da conta

Hai algúns parámetros que non se detectan automáticamente e que compre configurar posteriormente.

Seleccionando a conta en cuestión na ventana principal de Thunderbird, premendo o botón dereito e elexindo "Configuración" aparece a ventana de configuración das características da conta de correo:

Correos borrados e temporizacións

É recomendable indicar que os correos borrados se borren cunha determinada frecuencia, pódese indicar que o correo borrado se mova a unha carpeta separada (por comodidade é o máis sinxelo para evitar erros) e que o correo borrado se valeire ó saír ("Vaciar la papelera al salir"). En todo caso estas opcións non son obligatorias, e dependerá do propio usuario o utilizalas según o atope conveniente.

Firma dos correos

Moitos usuarios atopan útil o incluir un pé nos correos que envían, esto pode configurarse seleccionando a conta (usuario@uvigo.es neste caso) e elexindo un pé ("Texto de la firma:"), que se pode redactar como texto plano ou en HTML (de ser así compre indicalo).

Subscripción ás carpetas

Pode ser conveniente amosar todas as carpetas, non só aquelas ás que estemos subscritos, en "Configuración del servidor -> Avanzadas":

Deseleccionar a opción "Mostrar sólo las carpetas susbscritas"

Activar filtrado antiSPAM de Thunderbird

O cliente de correo Thunderbird dispón do seu propio control antiSPAM, que pode resultar bastante efectivo. As mensaxes que detecta como SPAM as pode gardar nunha carpeta separada. A opción se configura en "Carpetas locales -> Correo no deseado", pódese indicar unha carpeta de destino para estas mensaxes detectadas e un tempo pasado o cal se borrarán as mensaxes acumuladas nesta carpeta. (info.) Compre que, para evitar a perda de mensaxes valiosas detectadas incorrectamente como SPAM (falsos positivos) revise periódicamente o cartafol ó que move o SPAM. (info.) Este filtrado é propio do cliente de correo Thunderbird, non intervén nel o ATIC da Universidade de Vigo e por tanto non nos podemos responsabilizar dos efectos do mesmo (falsos positivos en particular).

Crear filtros para o correo

Pode ser recomendable crear algúns filtros para mover automáticamente o correo a carpetas locais.

Polo menos debería crearse un filtro que mova o correo etiquetado como "[Posible SPAM]" (aquel no que o Título comenza con esta cadea) para que se mova a carpeta de "Correo no deseado".

  1. Na ventana principal seleccionar "Administrar filtros de mensajes":
  2. Indicar que se quere crear un novo filtro

  3. O nome do filtro será neste caso "SPAM"
    Comprobaras que o asunto comenze por "[Posible SPAM]" e moverase o correo á carpeta local de correo non desexado.
  4. Unha vez definido pódese indicar "Ejecutar Ahora" para probar esta regra:

Espazo usado no servidor (cuota)

Os usuarios teñen asignado un espazo máximo para os correos acumulados no servidor. Para non perder correos debido a que este esté cheo compre:

Ver o espazo utilizado no servidor (cuota)

Este último valor, se se está a empregar IMAP para leer o correo, pode verse seleccionando a conta ou a bandeixa de entrada e, co botón dereito, elexindo "Propiedades":

Na ventana que aparece seleccionar a pestaña "Cuota":

Indica o espazo utilizado en KB e o % empregado do mesmo.

Complemento Display Quota

Se se quere poder ver de xeito máis cómodo a cuota, pode instalarse o complemento "Display Cuota", que amosa o espazo ocupadp en todo momento na parte inferior dereita de Thunderbird.

Para instalar este complemento:

  1. No menú de opcións (parte superior dereita de Thunderbird) seleccionar "Complementos", abrirá o menú "Administrar Complementos":
  2. Seleccionar "Administrar Complementos":
  3. Buscar o complemento "Display Quota":
  4. Unha vez instalado compre reiniciar Thunderbird, na parte inferior dereita amosará agora o espazo ocupado na conta de correo, que cambiará de color segundo o nivel de uso: