Unha vez arrancado o programa, para realizar a configuración ten que ir ao menú "Inicio" e premer na opción "Reglas"
De seguido, ten que seleccionar "Administrar reglas y alertas" E indicar "Nueva regla..."
A continuación deberá que seguir varios pasos moi sinxelos para definir a regra.
Indicar que se crea unha nova regla
Indicar que se filtra en base a un texto no asunto do correo
Indicar premendo en "cierto texto" o texto a empregar para filtrar ("[Posible SPAM]") e a carpeta á que se moverán as mensaxes
Premer en "cierto texto" e indicar o texto engade o filtro antispam no asunto ás mensaxes que considera SPAM
Premer en "especificada" e indicar a carpeta de destino (o mellor é crear unha carpeta específica de nome SPAM ou similar para o correo lixo, se non se ten xa)
A regra creada será esta
A partir de aquí indicar "Siguiente", as opcións por defecto deberían servir
Deter o procesado ó chegar a esta regra
O nome da regra pode variarse para indicar un máís sinxelo (neste caso SPAM)
A regra creada aparecerá no menú "Reglas y alertas" de Outlook