Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia

(warning) O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.

(warning) Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.

Configuración do cliente Outlook

O cliente de correo a empregar será Outlook. Para configurar Outlook no cliente seguiremos os pasos indicados a continuación, podemos configuralo:

(info) As indicacións dadas son para Outlook 2010.

Configuración automática

Esta non sempre funciona, pero é conveniente probala por ser máis sinxela:

Configuración manual

Abriremos Outlook e, se non hai creada unha conta lanzará o asistente para a creación da conta. Elexiremos a opción "Configurar manualmente las opciones del servidor o tipos de servidores adicionales" dado que imos a configurar unha cuenta nun servidor Exchange.

Como xa indicamos, ó tratarse dunha conta nun servidor Exchange, seleccionaremos a opción "Microsoft Exchange o servicio compatible" tal e como observamos na imaxe.

Introduciremos no campo "Servidor" o nome do servidor que presta o servizo Exchange: exchange.uvigo.es

A continuación, no campo "Nombre de usuario" introduciremos o nombre do buzón que queremos configurar e faremos clic no botón "Comprobar nombre".

Unha vez comprobado o usuario prememos "Siguiente" para continuar co asistente de creación de conta de correo.

Pediranos o contrasinal do usuario, no diálogo que aparece indicaremos:

Para concluir a configuración do buzón de correo premeremos botón "Finalizar".

Detalle das opcións de configuración

Neste apartado indícase a configuración detallada dunha conta de correo. A esta pódese acceder cando se configura manualmente a conta ou cando se autedetecta e se revisa manualmente, premendo en "Más configuraciones...".