Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 4 Siguiente »


Espazos web de usuarios

Características dos servizo de aloxamento web para usuarios

  1. Pode solicitar o espazo calquera usuario cunha conta no dominio uvigo.es (contas do tipo usuario@uvigo.es)
  2. O usuario non ten por qué efectuar tarefas de mantemento fora da súa propia aplicación
  3. Actualización automática do contorno (sistema operativo, intérprete de php, servidor web) e mantemento do mesmo por parte do ATIC
  4. (advertencia) Require a responsabilidade por parte do usuario de manter actualizado o seu espazo web
  5. Non se garante o aillamento entre aplicacións aloxadas no mesmo servidor:
    1. En principio unhas aplicacións non verán os datos das demáis, pero dado que o contorno de execución é común non se pode garantir por completo este aillamento: as versións de software (php, servidor web, base de datos) e o software en execución (intérprete de php, servidor web, servidor de bases de datos) serán os mesmos.
    2. Limitacións no software dispoñible.
    3. Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web (https://portal.webs.uvigo.es).
    4. (advertencia) Actualizacións automáticas do software: Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
  6. Non se darán servizos de hosting adicionais como
    1. Acceso por terminal ó servidor
    2. Mantemento ou corrección de erros en aplicacións
    3. Consultoría sobre aplicacións web


Información técnica

A información máis actualizada e en detalle a poden consultar en https://portal.webs.uvigo.es

  1. Espazo web compartido nun único servidor
    1. Sistema operativo e aplicacións base comúns: Linux, servidor web Apache 2, php , base de datos mariaDB (mySQL)
    2. O espazo web do usuario publicarase como
      1. https://usuario.webs.uvigo.es
      2. https://usuario.webs.uvigo.gal
    3. Acceso seguro HTTPS con certificado válido
      https://usuario.webs.uvigo.es
    4. Execución de páxinas dinámicas (PHP)
    5. Espazo dispoñible
      • Webs persoais: 1GB
      • Webs másteres / programas / departamentos / grupos investigación: 5GB
      • Webs centros : 15GB
    6. Unha única base de datos por usuario (co mesmo nome que o login do usuario - sen dominio -) de acceso local.
      Non se ten creada inicialmente, compre solicitala
    7. Copia de seguridade
      1. Arquivos:
        1. Copia diaria dos datos, manterase ata 6 meses.
      2. Base de datos:
        1. Copia diaria completa dos datos (só se recuperarán copias completas da base de datos, non táboas ou datos soltos).
          As últimas 6 copias estarán a disposición dos usuarios na carpeta "backups", manteranse as demáis ata 6 meses.
    8. Rexistros de acceso (logs)
    9. Acceso mediante FTP/SFTP/WebDAV para a actualización dos contidos
  2. Portal web de administración
    Acceso web ás características do espazo na páxina: https://portal.webs.uvigo.es
    1. Versións de software
    2. Acceso a base de datos (administración web)
    3. Estrutura de directorios
    4. Espazo en disco dispoñible
    5. Nomes alternativos
    6. Estatísticas de acceso (awstats)
  3. Sen aillamento entre aplicacións aloxadas no mesmo servidor
    As aplicacións web en execución non ven os arquivos dos outros espazos web, pero o contorno de execución é común, polo que non se pode garantir un aillamento completo.
    En todo caso o comportamento dunhas pode influir no rendemento observado noutras (os elementos base -servidor web, intérprete php, servidor de bases de datos - son comúns).
  4. Limitacións no software dispoñible:
    1. Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web ((https://portal.webs.uvigo.es).
    2. Só se executarán tarefas periódicas (cron) en php e cunha frecuencia máxima dunha execución por hora
    3. Non se darán servizos de hosting adicionais:
      1. Acceso por terminal ó servidor
      2. Mantemento ou corrección de erros en aplicacións
      3. Consultoría sobre aplicacións web
  5. Actualizacións do software
    (advertencia) Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
  6. Acceso limitado
    1. FTP / SFTP / WebDAV : Actualizar arquivos
    2. (info.) Non se dará acceso de terminal (SSH ou mediante Applet Java) directamente ó servidor
    3. Acceso local á base de datos. Non se dará acceso directo (só vía web mediante phpmyadmin) ás bases de datos mySQL.

Limitacións do servizo

  1. Software dispoñible
    1. Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web https://portal.webs.uvigo.es
    2. Non se executarán linguaxes de programación distintas de PHP, en concreto non se executarán programas (CGI) no servidor
    3. Actualizacións do software:
      (advertencia) Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
  2. Acceso
    1. Acceso para a modificación de arquivos mediante WebDAV / SFTP / FTP / FTPS
      Por motivos de seguridade o acceso FTP só se permite cifrado (FTPS no porto 990 TCP ou FTP con SSL), e recoméndase, por dar menos problemas, o acceso SFTP para subir arquivos.
    2. (info.) Non se dará acceso de terminal (SSH ou mediante Applet Java) directamente ó servidor
    3. Acceso local á base de datos. Non se dará acceso directo (só vía web mediante phpmyadmin en https://portal.webs.uvigo.es) ás bases de datos mySQL
  3. Nomes alternativos (hosts virtuais)
    1. Non se configurarán inicialmente nomes alternativos para o sitio, os usuarios poden solicitalos posteriormente.
    2. Non se habilitarán se entran en conflicto cou outros nomes ou servizos existentes na Universidade de Vigo ou se están reservados para o uso de centros ou servizos.
    3. Se se trata dun dominio non administrado polo ATIC da Universidade de Vigo este nome debe asociarse como un CNAME (alias) a: hosting.uvigo.es
    4. Isto non é suficiente para que o sitio se recoñeza no espazo web, compre que se solicite esta asociación entre o nome alternativo e o espazo web persoal de xeito explícito.
  4. Caducidade automática
    1. Para evitar a proliferación de espazos web abandonados cos problemas de seguridade asociados, os espazos web terán fixada unha caducidade inicial de 2 anos
    2. Pasado este tempo e se non hai unha renovación explícita do mesmo, a web deixará de ser publicada
    3. Pasados 6 meses dende esta retirada e se non hai ningunha petición para volvela a publicar borrarase definitivamente a web e as bases de datos asociadas

Solicitudes

  1. Activación inicial do espazo
    Pode solicitala dende aquí
  2. Ampliación do espazo en disco
    Pode solicitala dende aquí
    Condederase en función do espazo dispoñible para datos e copias de seguridade para os usuarios.
  3. Base de datos
    Pode solicitala dende aquí
    Crearase unha única base de datos por aloxamento co mesmo nome que o login (sen dominio) do usuario.
  4. Renovación (mantemento) do espazo
    En caso de que o espazo otorgado esté próximo a expirar, pode facerse dende aquí
  5. Recuperación de copias de seguridade
    Pode solicitar a recuperación de datos do seu espazo web dende aquí
  6. Acceso cun nome de sitio distinto (host virtual)
    Se se desexa acceder cun nome distinto ó sitio (www.midominio.es, midominio.uvigo.es, etc.).
    Pode solicitalo dende aquí

Normativa

Obrigas dos usuarios

Os usuarios comprométense a:

  • Ler a dirección de correo asociada ó espazo web, xa sexa directamente ou redirixíndoa a outra dirección de correo
    (info.) As notificacións remitidas polo ATIC só se enviarán a esta dirección de correo, isto inclúe:
    • Notificacións de expiración (caducidade) da conta
    • Notificacións de incidentes de seguridade
    • Avisos indicando actualización do contorno software
    • Avisos de interrupcións programadas do servizo
    • Notificacións de bloqueos ou cortes de servizo asociados a incidentes de seguridade no seu aloxamento web
  • Manter actualizado o seu espazo web, co fin de evitar incidentes de seguridade ocasionados pola existencia de software non actualizado.
  • Renovar periódicamente o espazo web, cando sexan avisados para elo polo ATIC

O usuario é o responsable único dos contidos publicados no seu espazo web.

Co uso do espazo web o usuario comprométese a aceptar estas condicións de uso.



ATIC | Campus Universitario | C.P. 36310 Vigo (Pontevedra) | España | Tfno.: +34 986 812668 | saum@uvigo.es

  • Sin etiquetas