Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 5 Siguiente »

¿Que é Teams en Office 365?

Microsoft Teams é o espazo de traballo baseado en chat de Office 365. Microsoft Teams reúne a persoas, conversas e contidos, xunto coas ferramentas que necesitan os equipos, para que poidan colaborar da maneira máis sinxela e produtiva.

¿Que fai Microsoft Teams?

Microsoft Teams baséase en grupos de Office 365 e permite a colaboración entre persoas dun mesmo equipo ao desenvolvemento dun proxecto concreto, compartindo recursos, e coa principal función da comunicación constante entre os membros do equipo.

Polo tanto, podemos dicir que Microsoft Teams é un chat no que poden traballar persoas dun mesmo equipo, compartindo entre elas os seus recursos. Algunhas das características que inclúe son:

  1. Chamadas
  2. Control remoto a través dunha chamada
  3. Videochamadas
  4. Compartir arquivos
  5. Chats de múltiples usuarios

Menú esquerdo e as súas opción

 

  • Actividad: Ao seleccionar esta opción pódense ver os comentarios e respostas que fixeron os membros dun equipo ou as chamadas perdidas.
  • Chat: Ao seleccionar esta opción pódense ver os comentarios e respostas que fixeron os membros dun equipo.
  • Equipos: Ao seleccionar esta opción poderemos ver as nosas conversas con outros membros do equipo.
  • Tareas: Ao seleccionar esta opción poderemos crear, asignar ou revisar tarefas.
  • Llamadas: Empregarase esta opción para poder realizar unha chamada ou una videochamada, xa sexa individual ou en grupo.
  • Archivos: Aquí poderemos ver os arquivos empregados recentemente.
  • Mais (…): Poderemos instalar aplicacións externas desde a tenda.

Buscar a un usuario e abrir un chat

Na parte superior escribiremos o nome do membro do equipo co que queiramos manter unha conversa.

Unha vez escrito o nome, iremos a contactos e alí nos aparecerá:

Crear un chat con múltiples usuarios

Na parte superior esquerda, faremos clic na opción “crear nuevo chat”, coa que poderemos crear un novo chat con varios membros do equipo.

A continuación, engadiremos un nome para o novo chat e incluiremos os membros que queiramos que integren ese novo chat.

Botóns dentro dun chat

Na parte superior dereita dun chat, poderemos atopar catro botón:

  • Videochamada
  • Chamada de audio
  • Compartir a pantalla
  • Agregar persoas

Suxerencia: dentro dunha chamada de audio tamén pode facerse unha videochamada. A opción de ”agregar personas” engade usuarios ao chat do usuario co que teñamos a conversa.

Compartir a pantalla sen chamada

Para compartir a pantalla non é preciso realizar unha chamada. Simplemente premeremos no botón ”Compartir pantalla” dentro dun chat e elexiremos a pantalla que queiramos compartir:

Ao outro membro do chat chegaralle a seguinte notificación. Ao aceptala, xa poderá ver a pantalla que lle comparten.

Unha vez teñamos compartida a pantalla teremos estes botóns. Non poderemos facer videochamada nin sonido, soamente poderemos colgar ou compartir outra pantalla diferente.

Compartir pantalla nunha chamada e ceder control

En Microsoft Teams, para poder compartir pantalla e falar ao mesmo tempo, haberá que realizar unha chamada. Unha vez realizada a chamada, na parte inferior aparecerán os seguintes botóns:

  • Activar videochamada
  • Activar ou desactivar micrófono
  • Compartir pantalla
  • Mais opcións (…)
  • Colgar a chamada

Para compartir pantalla faremos clic no botón central e seleccionaremos a pantalla que queiramos compartir, ben a través de escritorio ou ben a través das ventás que teñamos abertas.

Para poder ceder o control a outro membro do chat, deberemos compartir escritorio.

Unha vez compartido, na parte superior aparecerá un rectángulo coa opción de ceder o control a calquera usuario da chamada. Cabe destacar que en todo momento poderemos quitar o control ou deter a presentación.

Ao premer o botón dos tres puntiños, aparecerán máis opcións:

Botóns na dereita nunha chamada

Unha vez realizada a chamada, na parte superior dereita atoparemos catro botón:

  • Pantalla completa
  • Abrir un chat na chamada
  • Invitar a alguén
  • Configuración de audio e micrófono

Para invitar a outra persoa bastará con premer na opción e escribir o seu nome para agregala á chamada.

Configurar auriculares nunha chamada

  • Dispositivos de audio: Elexiremos o dispositivo que empreguemos.
  • Altofalante: Elexiremos que o sonido saia polos nosos auriculares.
  • Micrófono: Elexiremos que o micrófono sexa o dos nosos auriculares.

  • Sin etiquetas