Usuarios con acceso a este servizo
- Alumnos con matrícula activa en titulacións oficiais da Universidade de Vigo
- Persoal docente e investigador
- Persoal de administración e servizos
Acceso
- É preciso activar previamente o servizo e aceptar as condicións de uso como se indica no seguinte documento
- Compre aceptar as condicións de uso do servizo indicadas a continuación neste documento
- A activación do servizo implica a aceptación das características, condicións e limitacións de uso recollidas neste documento
- O acceso a O365 realízase a través de https://portal.office.com indicando a túa conta de correo da UVigo, rematada en @uvigo.gal
- usuario@uvigo.gal: PDI, PAS, estudantes de doutoramento
- usuario@alumnado.uvigo.gal: Alumnado con matrícula activa en titulacións oficiais
- Logo diso redirixiráseche ó sistema de autenticación centraliazda de UVigo no que te poderás identificar dalgún dos xeitos habituais
- Conta de corrreo (@uvigo.es / @alumnos.uvigo.es, de momento uvigo.gal non está configurado!)
- Ou datos de acceso á Secretaría Online
- Ou certificado dixital ou DNI electrónico
- Só se pode acceder a este servizo con contas persoais, nunca de centros, departamentos, servizos administrativos, asociacións, etc.
Alta de contas e transferencia de datos a Microsoft
No momento en que accedas e aceptes as condicións de uso enviaremos a Microsoft os datos necesarios para prestar o servizo, e empregará apra crear unha conta en Office365.
- A creación da conta pode tardar ata 30 minutos en facerse a partir do momento en que se aceptan as condicións de uso
Para prestar o servizo en Office365, envíanse ó provedor, Microsoft, os seguintes datos:
- Dirección de correo principal do usuario no dominio @uvigo.gal ou @alumnado.uvigo.gal
- Nome completo (nome e apelidos) do usuario
Aplicacións dispoñibles
Dase acceso, entre outros, ós seguintes servizos
- Office Online
- Forms (formularios)
- Drive (disco virtual)
- Sway, Stream, Flow (colaboración e vídeo)
- Descarga de software de escritorio de Office
- Só para PAS, PDI e alunos de doutoramento: descarga de software de escritorio de Office
- Nas mesmas condifións que o que se pode descargar dende https://soporte.uvigo.es/software
- Pódese instalar ata en 5 dispositivos por usuario
Borrado de contas
As ocntas en O365 están asociadas á vinculación que manteñas coa UVigo:
- Que sexas PAS ou PDI
- Que sexas aluno de doutoramento
- Que esteas matriculado nunha titulación oficial
Ao desaparecer esta vinculación desactivaremos a túa conta e avisaremos a Microsoft de que eliminen a conta en O365
- Unha vez dadas de baixa as contas pasarán ata 30 días antes de que estas sexan definitivamente eliminadas por Microsoft dos seus sistemas
- En caso de erro, e se se avisa antes deste prazo, pódese recuperar a conta e datos
Copias de seguridade
Corre por conta do usuario ter copias de seguridade dos documentos aloxados neste servizo. A Universidade de Vigo non proporciona mecanismos de copia ou xestión de versións adicionais ós que poda proporcionar Microsoft para cada un dos servizos prestados.
Condicións de uso
Nos seguintes documentos recóllense as políticas de uso aceptable e de privacidade do servizo do provedor (Microsoft)