Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

You are viewing an old version of this page. View the current version.

Compare with Current View Page History

« Previous Version 8 Current »


Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia

(warning) O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.

(warning) Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.

Problemas habituais no acceso a contas Exchange

Non se conecta ó servidor Exchange

Pódese probar a conexión de dous xeitos:

  1. Lanzando outlook con opcións de depuración:


  2. O máis sinxelo é probar dende as opcións de depuración de erros do propio Outlook
    Para acceder a estas opcións:
    1. Lanzar Outlook 2010 ou posterior
    2. Unha vez lanzado
      • Premer tecla de Control (calqueira das dúas)
      • Sobre o icono da barra de ferramentas que aparece na parte inferior dereita da pantalla premer o botón dereito sen soltar a tecla Control
      • Seleccionar: "Estado de la conexión"

Amosará unha pantalla na que indica a qué servidores se está conectando, se pode conectarse e qué é o que Outlook intenta facer:



Autodetección incorrecta da configuración de acceso

Un xeito de comprobar esta autoconfiguración é empregar a opción de "Probar autoconfiguración del correo electrónico...".

Para empregar esta opción (o indicado é para Outlook 2010):

  • Lanzar Outlook 2010 ou posterior
  • Unha vez lanzado
    • Premer tecla de Control (calqueira das dúas)
    • Sobre o icono da barra de ferramentas que aparece na parte inferior dereita da pantalla premer o botón dereito sen soltar a tecla Control
    • Seleccionar: "Probar autoconfiguración del correo electrónico..."
    • Pedirá:
      • Usuario (usuario@uvigo.es)
      • Contrasinal
      • Indicar "Probar" e copiar o resultado da proba


        Indicar usuario e contrasinal:

        Esta configuración proba non so o servizo de autodescubrimento de Outlook senón tambén as combinacións habituais de entradas DNS (pop.uvigo.es, imap.uvigo.es, smtp.uvigo.es, ...)
        Isto é lento, se se quere facer unha proba máis rápida compre seleccionar só "Usar Autodetección"


  • No labels