Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 12 Siguiente »

 

Datos de configuración dun cliente de correo

Unha conta de correo está fomada por un identificador (tamén chamado login e normalmente relacionado co nome do solicitante), o símbolo "@" e un dominio (ou sexa, a parte de Internet á que pertence a conta). No noso caso, a meirande parte das contas son do tipo login@uvigo.es. Ademáis, para poder leer o correo é necesaria un contrasinal que só o usuario da conta de correo debe saber. Polo tanto, antes de comeza-lo proceso de configuración da súa nova conta de correo, terá que te-los datos que lle corresponden á mesma, estes datos son: login, contrasinal, servidor de correo entrante, protocolo do servidor do correo entrante e servidor do correo sainte.

 

Os datos de configuración da conta son:

  • Servidor de correo entrante: imap.uvigo.es
    • Servidor de correo saínte (SMTP): smtp.uvigo.es
  • Nome de usuario
    • (info.) Compre indicar o usuario completo, dominio incluído: usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es
  • O servidor de correo de saída (SMTP) require autentificación
  • Números de porto do servidor
    • Servidor de correo de entrada (IMAP): 993
      • Empregar conexión cifrada (SSL)
    • Servidor de correo de saída (SMTP): 587
      • Empregar conexión cifrada (TLS)

 

Aínda que estes son os datos de conexión recomendados, por contabilidade con clientes cos que se teñan problemas de conexión sopórtanse os seguintes protocolos:

ServizoProtocoloPorto TCPServidorObservacións
Lectura de correo (correo entrante)IMAP993imap.uvigo.es

Protocolo recomendado (tic). Cifrado con SSL

 IMAP143imap.uvigo.esSen cifrar (error)
 POP3995pop.uvigo.esCifrado con SSL.
 POP3110pop.uvigo.esSen cifrar (error)
Envío de correo (correo saínte)SMTP587smtp.uvigo.esPorto recomendado (submission) (tic). Admite cifrado con TLS
 SMTP25smtp.uvigo.esAdmite cifrado con TLS
 SMTP465smtp.uvigo.esCifrado con SSL

(info.) En todo caso requírese a autentificación do usaurio para o envío de correo (SMTP).

No tocante á lectura de correo hai dúas opcións:

  • IMAP:
    • Os correos quedan almacenados no servidor salvo que o usuario os mova a "Carpetas locais" no seu equipo.
      Se o correo dun buzón vai a ser leído dende varios ordenadores esta é a opción que recomendamos.
    • Avantaxes
      • Manexa carpetas no servidor de correo.
      • Das carpetas no servidor faise copia de seguridade.
      • O usuario pode acceder ós correos acumulados no servidor dende calqueira ordenador ou dende o acceso web ó correo.
    • Desavantaxes
      • As mensaxes acumuladas espacio no servidor e, por tanto, ser necesario que o usuario comprobe se o seu buzón está cerca do límite de espazo asignado. 
      • Se as mensaxes se acumulan no buzón de entrada a lectura do correo pode ser máis lenta.
  • POP3:
    • Os correos descárganse ó ordenador do usuario. 
      (advertencia) Como consecuencia de esto, se se emprega POP3 dende varios postos de usuario para ler a mesma conta, os correos se descargarán a un dos postos, e cando o correo se consulte dende os outros o que se verá é que as mensaxes desapareceron da bandexa de entrada.
      Os clientes de correo permiten ás veces deixar o correo no servidor cando se emprega POP3, pero se se quere facer isto recomendamos que se empregue IMAP, dado que moitas veces cando a cantidade de correos acumulados é grande os clientes de correo tenden a ter problemas de funcionamento.
    • Avantaxes
      • Como os correos son descargados ó equipo do usuario é máis rápido na lectura e non se teñen tantos problemas coa xestión do espazo no buzón de correo.
    • Desavantaxes
      • Non manexa carpetas.
      • Se a conta vai ser empregada por varias persoas ou por unha soa persoa dende varios ordenadores distintos non é unha opción recomendable, dado que descargará os correos acumulados a un único equipo.

 

 

  • Sin etiquetas