Acceso remoto a publicacións do IEEE
Pódese acceder ás publicacións do IEEE dende fora da Universidade de Vigo autentificándose co usuario da Universidade de Vigo (usuario@uvigo.es, usuario@alumnos.uvigo.es), DNIe ou NIU.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1.- Acceda a http://ieeexplore.ieee.org
2.- Aparecerá na parte superior, unha opción para usuarios de institucións con acceso a IEEE, seleccione "Institutional Sign In":
3.- Cando se abra a ventá seguinte, prema sobre o símbolo de "Shibboleth":
4.- Aparecerá un buscador das institucións con este acceso habilitado, pode buscalo alfabéticamente seleccionando a "u":
5.- Seleccione "Universidade de Vigo" na lista de institucións que aparecerán comezando pola letra elexida:
6.- A páxina reenviará ó servizo de autentificación da Universidade de Vigo, onde se poderá identificar mediante u usuario e contrasinal (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es), datos de acceso á Secretaría Virtual (NIU, DNI e clave) ou certificado da FNMT:
7.- Toda vez que a autentificación sexa feita satisfactoriamente, aparecerá co acceso permitido (como amosa a figura), e xa debería poder acceder ás publicacións do IEEE:
8.- Teña en conta que como medida de seguridade este login ten un tempo máximo (normalmente un día) e que, pasado este tempo, volverá a ser reenviado ó servidor de autentificación da Universidade de Vigo para que introduza as súas credenciais de usuario.