Páginas hijas
  • Uso do Disco Privado Virtual: acceso web ó contorno de probas
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

Aplicación web do Disco Privado Virtual

 

Acceder ó Disco Privado Virtual

O DPV permite:

  • Almacenar os arquivos de traballo de xeito seguro
  • Enviar arquivos a persoas tanto dentro como fora da Universidade
  • Recibir arquivos de persoas tanto de dentro como de fora da Universidade
  • Crear espazos de traballo comúns con outros usuarios do DPV e recibir notificacións cando se modifican ou consultan arquivos do mesmo

A continuación danse algunhas indicacións básicas sobre o uso do DPV.

Pódese atopar máis información no canal de YouTube de Pydio

Conectarse ó DPV

Pode conectarse ó DPV índo a: http://preprod.dpv.uvigo.es

Autenticación

(info.) Compre que teña permisos de acceso á aplicación, en caso de non telos pode solicitalos á: .....

Nesa páxina pode identificarse de dous xeitos:

  • Coa autenticación centralizada (SSO) da Universidade de Vigo
    A avantaxe de este sistema é que de estar accedendo a outras aplicacións que o empreguen non será preciso indicar de novo o usuario e contrasinal e que se admiten mecanismos adicionais de identificación, a maiores do usuario / contrasinal: DNIe, NIU, ...
    Para empregar este mecanismo de autenticación preme no botón "Identifícate"
  • Indicando o seu usuario completo (usuario@uvigo.es) e contrasinal

 

Acceso ó espazo de traballo

Cando acceda ó DPV aparecerán os seus espazos de traballo:

  • Os Meus Arquivos: Espazo para gardar de xeito permanente ata 10GB de arquivos
  • Intercambio: Espazo para intercambio temporal con outros usuarios de arquivos grandes, ata 200GB en arquivos. Neste espazo os arquivos con máis dunha semana de antigüedade bórranse.
  • Arquivos Compartidos: Repositorios compartidos por outros usuarios do DPV

 

 

Gardar e compartir arquivos e cartafoles

Engadir arquivos ó DPV

Pode engadir arquivos de varios xeitos distintos

Interfaz "Drag & Drop"

Pode engadir arquivos arrastrándoos na aplicación web. Compre que os arrastre a área central:

Opción "Subir"

Pulsando  no botón "Subir" na parte superior dereita da páxina

Aparecerá unha ventana na que poderá seleccionar arquivos no seu ordenador ou engadilos arrastrándoos sobre a ventana.

  • Para seleccionar arquivos pulse no recuadro ("Seleccione arquivos no seu ordenador")
  • Para arrastralos, léveos ata a zona central (enmarcada cunha liña discontinua)

Pode premer, na parte superior esquerda, en "Opcións", para ver máis opcións de subida de arquivos


Opción "Subir", empregando PLUploader (recomendado para arquivos grandes)

Pulsando  no botón "Subir" na parte superior dereita da páxina

Aparecerá unha ventana na que poderá seleccionar arquivos no seu ordenador ou engadilos arrastrándoos sobre a ventana.

Para empregar PLUploader seleccione "PlUploader":

 

O funcionamento é similar ó do apartado anterior (pode arrastrar arquivos á área central ou engadilos mediante "Add Files"), pero os arquivos grandes trocéanse e súbense pouco a pouco, o que da menos problemas e axiliza a resposta do servidor en arquivos de varios GB.

O arquivo recomponse no servidor, de xeito que para os destinatarios este verase como un único arquivo igual ó orixinal.

Crear carpetas

Pode empregar a opción "Nova Carpeta" para engadir carpetas ó seu espazo:

 

Compartir arquivos e carpetas

Para compartir un arquivo ou carpeta, sitúe o cursor encima do arquivo e premendo o botón dereito, e seleccionando a opción "Compartir"

 

Aparecen varias opcións para compartir o arquivo ou cartafol

  1. Enlace Público: para compartir un arquivo con usuarios internos ou externos


    Pódese indicar

    1. Contrasinal: para protexer o acceso a este recurso
    2. Expiración: para evitar que un recurso esté máis tempo compartido do que se quere, pasada unha data deixará de compartilo
    3. Descargars Permitidas: limitar o número de veces que se pode descargar un arquivo
    Permisos
    1. Previsualizar: permite ver o arquivo en liña (para imaxes ou documentos é útil)
    2. Descargar: permite descargar o documento
    3. Subir arquivos: útil se se queren recibir documentos de usuarios externos á aplicación, neste caso é recomendable
      1. Compartir unha carpeta
      2. Engadir un contrasinal (advertencia)
      3. Permitir previsualizar + descargar + subir arquivos
  2. Usuarios: para compartir un arquivo só con usuarios autentificados en DPV
    Tecleando as direccións de correo, o DPV, fará unha búsqueda dos usuarios
    Pódese modificar a lista, engadir usuarios, modificar os seus permisos de acceso ó arquivo ou carpeta, etc.


 

 

Opcións para compartir cartafoles

Opcións para compartir como enlace público

Por defecto créase unh enlace cun "hash" elexido de xeito aleatorio. Recomendamos que polo xeral se deixe así, por ter unha maior seguridade.

Téñense varias opcións para compartir o arquivo:

  • Seguridade
    • Contrasinal: Protexe o acceso ó arquivo cun contrasinal, se se vai compartir cun usuario externo é recomendable facelo de este xeito
    • Caducidade: Pasados uns días (que se indican en "Caducidade"), deixa de compartirse o arquivo
    • Descargas permitidas: Restrinxe o acceso ó arquivo a un determinado número de accesos. Pasados estes deixa de compartirse. Se só se quere enviar un arquivo a unha persoa é preferible fixalo
    • Poden limitarse os dereitos de acceso: Descarga e Previsualización ou só un deles (normalmente as opcións por defecto son válidas)
  • Enlace
    • O DPV crea enlaces aleatorios, pero se se quere que o enlace sexa máis indicativo (do estilod e https://dpv.uvigo.es/o-meu-arquivo-compartido) pode indicarse aquí. É posible que xa se utilizase, de ser así pedirá que se indique outro distinto ou se deixe o enlace por defecto
    • Se se indica un nome lexible é recomendable protexer con contrasinal o recurso compartido

Pode enviarse por correo ("invita") dende o propio DPV ou copialo para envialo de outro xeito.

Recibir arquivos do exterior da Universidade

DPV permite recibir arquivos de persoas alleas á Universidade de Vigo

  • Crear unha carpeta

  • Compartir o cartafol
    É necesario
    • Indicar nos permisos de acceso "Subir arquivos", para que o destinatario poda subir arquivos
    • Indicar contrasinal de acceso (para que só quen o coñeza poda subir arquivos)
    • Indicar unha caducidade distinta da que se ten por defecto (uns días, unhas semanas, ....)
    • Deixar a DPV que cree o enlace de xeito automático
  • Enviar o enlace xerado ó destinatario
    Premendo en "Enviar Invitación"

Opcións de configuración da conta

Para configurar as caracterísiticas da súa conta poden ir ó recuadro da parte superior dereita e seleccionar "A Miña Conta":

Pode indicar varias opcións:

  • Perfil
    • País (para xeolocalización)
    • Idioma (se quere ter configurado un idioma distinto do que se ten por defecto)
    • Recibir notificacións no escritorio
    • Repositorio por defecto (esto normalmente non é preciso modificalo)
  • Libreta de direccións
    • Engadir ou modificar direccións de contacto habituais. Serve para que o DPV complete automáticamente estas, pode ser útil se se comparte con frecuencia información coas mesmas direccións
  • Recursos compartidos
    • Lista os recursos (arquivos e cartafoles) que se teñen compartidos
  • Claves dispositivo
    • Lista os dispositivos que se teñen conectados a DPV (teléfonos IOS ou Android, clientes Windows, Linux ou Mac)
  • Preferencias de WebDA
    • Se se ten habilitado o acceso WebDav, normalmente non é preciso e é preferible o uso do cliente convencional de escritorio, pero en Linux, que ten bos clientes de WebDav, pode ser unha alternativa máis lixeira ó cliente de Pydio (DPV)
  • Sin etiquetas