Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 3 Siguiente »

Axuda da autenticación centralizada da Universidade de Vigo

Que é?

É un sistema que permite acceder a diversas aplicacións web da Universidade de Vigo identificándose unha única vez, de xeito que se poida cambiar de aplicación sen necesidade de volverse a identificar.

 

Acceso seguro

Como funciona?

Acceder a unha aplicación

Ó tentar acceder a unha aplicación por primeira vez o navegador será redirixido á páxina de "Identificación de usuario" da Universidade de Vigo, na que terá que identificarse, indicando a súa conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo,es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e o contrasinal asociado a esta.Se a identificación é correcta volverá automáticamente á aplicación á que intentaba acceder.

Saír dunha aplicación

Cando prema o botón de "Saír" (ou "Desconectar") dunha aplicación estará pechando a sesión en todas as aplicacións conectadas ao sistema.

En todo caso, para desconectarse recomendamos pechar o navegador (todas as ventanas que estean abertas).


Como me identifico?

No sistema de autenticación centralizado da Universidade de Vigo pódese autentificar de varios xeitos:

  • Usuario: Indicando a conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e contrasinal asociado á conta.
  • NIU: Indicando os datos de acceso á secretaría virtual; o NIU, número de documento de identidade e contrasinal asociado.
  • Certificado da FNMT: Cun certificado da FNMT e un navegador configurado para usalo.

No caso dos mecanismos de identificación que empregan un contrasinal ten que ter en conta que o contrasinal do NIU e o da conta de usuario os establece ó utilizalos por primeira vez e non teñen por que ser necesariamente os mesmos.

 

Que pasa se non teño conta de usuario da UVIGO?

Non teño conta de usuario

Se xa non ten vinculación coa UVIGO e por tanto non ten dereito a ter conta de usuario, poderá identificarse para o acceso a algúns servizos mediante o NIU ou tamén mediante o DNI electrónico.

Son alumno, PAS ou PDI, como obteño unha conta de usuario?

Se é un alumno con matrícula activa, ou un PAS ou PDI, ten asignada unha conta de usuario. Pode activala ou establecer un novo contrasinal se o esqueceu dende este enlace.

Para activar a conta pode indicar os datos do seu NIU (NIU, DNI, clave de acceso) ou empregar o seu DNI electrónico.
Para autentificarse cos datos do NIU compre dispoñer de ese acceso antes de activar a conta de usuario. Nesta páxina pode atopar un manual que indica cómo facer esta activación.

 

E se non teño NIU?

Para obter o teu NIU ten que acceder a Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

No enlace "Cree o seu NIU" indicaráselle cómo proceder para crear o NIU e contrasinal de acceso se non dispoón de eles.

Tarxeta Universitaria

Esquecín o meu contrasinal

Esquecín o contrasinal da conta de usuario

Se esqueceu o contrasinal da conta de usuario e coñece o seu NIU ou ten DNI electrónico pode establecer un novo contrasinal dende este enlace.

Podes autentificarse nesa páxina:

  • Indicando os datos do NIU (NIU, contrasinal, número de DNI)
  • Empregando o teu DNI electrónico.

Esquecín o contrasinal do NIU

Se esqueceu o contrasinal do NIU pode recuperalo empregando o formulario de recuperación de datos de acceso.

Pediralle a conta de correo que aparece como contacto na Secretaría Virtual, esta será, se vostede é un alumno, a que indicacou durante o proceso de matrícula e, se é un PAS ou PDI, será probablemente a súa conta de correo persoal de UVIGO (usuario@uvigo.es).

 

Teño problemas co certificado da FNMT

Se ten problemas co acceso mediante certificado pode verificar este en:

Se os problemas persisten pode poñerse en contacto co Servizo de Atención ó Usuario (SAUM)) da Universidade de Vigo.

 

Serve calquera conta de usuario da UVIGO?

NON, dependerá do servizo ó que desexe acceder.

Para servizos que se empreguen para acceder a datos persoais só se poderá autentificar coas contas de correo pesroais, non coas institucionais, dado que estas identifican a un posto, servizo, departamento, etc., e non a unha persoa.

É decir, as contas do tipo secretariacentro@uvigo.es, decanato@uvigo.es, postobase_servizo@uvigo.es, asociacion@uvigo.es, departamento@uvigo.es, etc., non se poden empregar para acceder a estes servizos.

Para outro tipo de servizos poderá acceder con calqueira conta do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es

 

Cómo podo modificar as características da miña conta?

As características da conta que pode modificar, a maiores do contrasinal, e o xeito de facelo, o podes consultar nesta páxina.

 

Qué aplicacións empregan este sistema?

Esta autentificación emprégase para acceder ás seguintes aplicacións web:

Co tempo iranse engadindo máis aplicacións a este sistema.

  • Sin etiquetas