Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 22 Siguiente »

Descrición

O servizo de Disco Privado Virtual (DPV) permite ter un espazo propio para almacenamento de arquivos en rede. Os usuarios poderán acceder ao servizo tanto se se atopan conectados á rede da Universidade de Vigo, como desde calquera ubicación na que poidan navegar por internet.

O servizo de Disco Privado Virtual permite a compartición de documentos con outros usuarios do DPV (incluso alleos á propia Universidade de Vigo).

O acceso a este servizo poderá facerse empregando diferentes mecanismos de autentificación.

Como acceder ao servizo DPV

  • Desde o sitio web: http://dpv.uvigo.es, poderá identificarse:
    • Co seu usuario completo (usuario@uvigo.es) e o contrasinal
    • Cos datos de acceso á Secretaría Virtual (DNI, NIU, contrasinal)
    • Ou co DNIe
              (No futuro, de engadirse novos mecanismos de acceso, serían indicados nesta páxina).
  • Dende o seu móvil
    • Android
    • IOS
  • Dende o seu ordenador personal
    • Descargando a aplicación de escritorio se o seu sistema operativo é
      • Windows
      • MacOS
    • Mediante o navegador
      Empregando calquera navegador que soporte HTML5 e JavaScript: http://html5test.com/
    • Configurando unha carpeta WebDAV
      (info.) No caso de configurar unha carpeta WebDAV, e dadas as características do servizo, compre fixar en http://dpv.uvigo.es un contrasinal específico para o uso de WebDAV, distinto do que ten habitualmente o usuario
      • Windows: Coas limitacións propias do cliente WebDAV nativo de Windows (titorial con alternativas)
      • Linux
      • MacOS

Quen pode acceder ao servizo DPV

  • Poden acceder ao servizo DPV tódolos investigadores da Universidade de Vigo, así coma o persoal administrativo asignado ou relacionado cos grupos de investigación.
  • Compre que os usuarios dispoñan de
    • Unha conta na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo
    • Unha conta de usuario persoal do tipo "usuario@uvigo.es"
      (Co gallo de garantir a identidade dos usuarios, só accederán ao servizo DPV as contas de tipo persoal asociadas a unha conta na Secretaría Virtual)
  • PDI da Universidade de Vigo ou persoal asignado a proxectos de investigación.
  • O acceso para o PDI é automático empregando a conta persoal.
    No caso de non dispoñer de acceso ao servizo DPV ou de non poder acceder ao mesmo, poderá consultarse a deficiencia nos enderezos indicados no apartado "Atención a Usuarios" de este mesmo documento.

Con que usuarios podo compartir arquivos

Poderá compartir arquivos con outros usuarios tanto da Universidade, como externos á mesma.

As capacidades á hora de compartir arquivos con usuarios do propio DPV son maiores.

Como compartir arquivos cun grupo de usuarios

Dado que os grupos e a organización da Universidade son variables, non se establecen grupos dentro do propio DPV. Se se queren compartir datos dentro dun grupo (unha carpeta común para un grupo de investigación, para un proxecto, etc.):

  • Un dos usuarios (pode ser o coordinador do grupo) crea unha carpeta para ese grupo ou proxecto
  • Comparte esta carpeta con permisos totais sobre o resto dos usuarios do grupo

De que espazo dispoño

Asignarase un espazo de 5GB por usuario.

Atención a Usuarios

Direccións e teléfonos: http://www.uvigo.es/uvigo_es/administracion/atic/

Prestaranse os seguintes servizos:

  • Consulta de datos de acceso ao servizo
    • Só se responderá e/ou proporcionarán estes datos, nos supostos contemplados na lexislación vixente (artigo 38 da lei 32/2003), ao propio usuario, enviándose ao enderezo de correo que corresponde á conta que se emprega para acceder ao DPV (usuario@uvigo.es). En ningún caso se proporcionarán estes datos a outras contas de correo ou a outras persoas.
  • Recuperación de datos
    • (info.) O propio DPV dispón dunha papeleira; compre que primeiramente revisen nela para o posible caso de que puidera conter os documentos perdidos
    • Non se garante máis que unha copia semanal dos datos, aínda que, de permitilo a infraestrutura de backup, terase unha copia diaria dos mesmos. En caso de perder arquivos poderá solicitarse a recuperación destes da última copia de seguridade anterior ao incidente. Co fin de recuperar a maior cantidade de datos posible, compre que o usuario proporcione unha data o máis exacta posible da data na que se perderon ou se advertiu a falla dos arquivos.
  • Problemas co navegador
    • Problemas xenéricos con cookies, javascript, etc.

Limitacións do Servizo

  • Espazo en disco: O espacio en disco proporcionado é de 5GB por usuario.
  • Tamaño de arquivos: O máximo tamaño de arquivo que permite subir o DPV é de 2GB. Se se suben arquivos maiores compre que os divida en trozos menores.
  • Copia de seguridade (backup):
    • Non se garante máis que unha copia semanal dos datos subiidos ao DPV, aínda que, de permitilo a infraestrutura de backup, terase unha copia diaria dos mesmos.
    • As copias de seguridade manteranse un máximo de 6 meses, polo que non se garante a recuperación de datos borrados máis alá dese espazo temporal.
  • Antivirus: Tódolos arquivos subidos ao DPV pasan un filtrado antivirus. A Universidade de Vigo non garante, en todo caso, a ausencia total de virus nos arquivos ubicados nos espazos do DPV, e é o usuario quen debe dispoñer dun antivirus actualizado como medida de prevención de infeccións nos seus equipos.
  • Privacidade: O ATIC garante a privacidade dos datos, dos arquivos e dos rexistros de acceso aos mesmos.
  • Trazabilidade: O ATIC mantén rexistros dos accesos dos usuarios ao DPV (entrada e saída ao sistema, e actualización de arquivos), coa única finalidade de solucionar posibles problemas ou incidentes no uso do servizo e de manter estatísticas de uso do sistema, necesarias para poder dimensionalo de cara á futura evolución do servizo. O ATIC poderá proporcionar ao usuario un rexistro dos seus propios accesos, só baixo petición personal e previa verificación da súa identidade.

Normas e condicións de uso

Os usuarios comprométense a:

  • Ler o enderezo de correo asociado ao DPV, xa sexa directamente ou redirixido a outro enderezo de correo.
    (info.) As notificacións remitidas polo ATIC só se enviarán a ese enderezo de correo, e poden ser:
    • Notificacións de expiración (caducidade) da conta.
    • Notificacións de incidentes de seguridade ou problemas detectados no seu acceso ao DPV.
    • Avisos indicando actualización do contorno software e/ou interrupcións do servizo.
  • Os arquivos e datos ubicados polo usuario no DPV son da súa exclusiva responsabilidade.
  • O usuario é o responsable único dos contidos vinculados ao seu espazo no DPV.
  • No caso de queixas ou conflitos con documentos ou arquivos ubicados no DPV, o ATIC poderá retirar de xeito preventivo eses documentos do DPV, ou incluso retirarlle ao usuario o acceso ao servizo.

Ao empregar o servizo de  DPV o usuario comprométese a aceptar todas estas condicións de uso.

 

  • Sin etiquetas