Páginas hijas
  • Uso do Disco Privado Virtual: aplicación de escritorio
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

 

PydioSync (cliente de escritorio)

Instalación de PydioSync

(estas imaxes son dunha instalación en Windows 7)

  1. Descargar o cliente de escritorio da web de Pydio
    https://pyd.io/apps/pydio-sync/

  2. Descargar o programa e lanzar a instalación




  3. Indicar a carpeta do escritorio na que se queren ter os arquivos sincronizados co DPV
    Pode servir a que indica por defecto (PydioSync) ou ser preferible poñerlle un nome máis sinxelo de lembrar


  4. Instalará Pydio (pode levar uns minutos) e lanzará a aplicación
  5. Compre lanzar a aplicación o finalizar (Run the application) para configurar a sincronización
  6. Premer en "Get Started"
  7. Indicar as credenciais a empregar (usuario@uvigo.es e contrasinal)
    (advertencia) Compre empregar sempre HTTPS, para que a comunicación co servidor sexa cifrada e poder garantir a privacidade dos seus datos


  8. Indicar o repositorio do DPV a sincronizar: OS MEUS ARQUIVOS"
  9. Crearase unha carpeta local para sincronizar estes datos
  10. Indicar outra serie de parámentros (opcional)
  11. Lanzar a primeira sincronización ("Fire the rocket!")



Cambiar configuración de PydioSync

Pydio Sync arráncase no inicio do sistema operativo, pode en calquer momento ver o estado da sincronización ou cambiar a configuración indo ó panel de Pydio, que se pode abrir dende o menú de Inicio ou dende o icono que aparece na barra de ferramentas de Windows:

Premendo co botón dereito do rato sobre ese icono aparece un menú:

No menú as opcións:

  • Settings: cambiar a configuración (directorios, restrinxir sincronización, usuario), compre premer no icono da parte superior dereita para cambiar a configuración do cliente

  • Open local folder: Abre a carpeta local que se sincroniza co DPV
  • Open remote: Abre a aplicación web do DPV

 

Baleirado de papeleira

(info.) É importante ter en conta que os arquivos que borre non se eliminan automáticamente, senón que se envían á "Papeleira", e seguen ocupando espazo no DPV ata que se baleire esta. O cliente de escritorio do DPV emprega a papeleira de Windows, polo que basta con que baleire esta para que se libere espazo no DPV (pode levar uns minutos que actualice a información).

 

  • Sin etiquetas