Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 5 Siguiente »

Acceder á lectura de correos

Unha vez que se autentifica e accede ó correoweb, verá unha páxina de benvida dende a que pode:

  • Acceder ó correo  (Correo)
  • Acceder e configurar a axenda (Axenda)
  • Acceder e configurar a libreta de direccións (Axenda de enderezos)
  • Configurar as súas preferencias

 

Ler o correo

Ver os correos recibidos

Para acceder ó correo prema en "Correo"

Accederá á "Bandexa de entrada", na que terá os correos que vaia recibindo e non mova a outras carpetas ou elimine.

Para estar seguros de que se amosan os últimos correos recibidos pode premer no botón "Actualizar"

Redactar un correo

Para redactar un correo prema en "Mensaxe nova"

Na ventana que aparece pode indicar:

  • Destinatarios do correo

    (info.) Para indicar mais dun destinatario, sepáreos por ",", correoweb pasará a considerar que se está engadindo outra dirección

    (info.) O correoweb ten unha opción de autocompletar, tentará atopar, nas súas axendas de direccións ou no directorio de direccións de correo da universidade, algunha semellante á que indica:
  • Asunto
  • Engadir adxuntos
  • Indicar a prioridade: esto só afecta a cómo se amosa a mensaxe ó destinatario, en ningún caso fai que o correo se envíe de xeito máis rápido o se trate de xeito preferente ó tramitalo.
  • Redactar o correo como texto ou cambiar á redacción en HTML

 

  • Sin etiquetas