Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

Aplicación web do Disco Privado Virtual

 

Acceder ó Disco Privado Virtual

O DPV permite:

  • Almacenar os arquivos de traballo de xeito seguro
  • Enviar arquivos a persoas tanto dentro como fora da Universidade
  • Recibir arquivos de persoas tanto de dentro como de fora da Universidade
  • Crear espazos de traballo comúns con outros usuarios do DPV e recibir notificacións cando se modifican ou consultan arquivos do mesmo

A continuación danse algunhas indicacións básicas sobre o uso do DPV.

Pódese atopar máis información no canal de YouTube de Pydio

Conectarse ó DPV

Pode conectarse ó DPV índo a: http://dpv.uvigo.es

Autenticación

(info.) Compre que teña permisos de acceso á aplicación, en caso de non telos pode solicitalos á: .....

Nesa páxina pode identificarse de dous xeitos:

  • Coa autenticación centralizada (SSO) da Universidade de Vigo
    A avantaxe de este sistema é que de estar accedendo a outras aplicacións que o empreguen non será preciso indicar de novo o usuario e contrasinal e que se admiten mecanismos adicionais de identificación, a maiores do usuario / contrasinal: DNIe, NIU, ...
    Para empregar este mecanismo de autenticación preme no botón "Identifícate"
  • Indicando o seu usuario completo (usuario@uvigo.es) e contrasinal

 

Acceso ó espazo de traballo

Cando acceda ó DPV aparecerán os seus espazos de traballo, tanto o principal ("Os Meus Arquivos"), que é o seu espazo privado de traballo, como os que outros usuarios teñan compartidos con vostede.

Prema no espazo de traballo ou en Entrar para acceder ó mesmo.

 

Gardar e compartir arquivos e cartafoles

Engadir arquivos ó DPV

Pode engadir arquivos:

  • Arrastrándoos na aplicación web
    Compre que os arrastre a área central


  • Pulsando  no botón "Subir" na parte superior dereita da páxina

    Aparecerá unha ventana na que poderá seleccionar arquivos no seu ordenador ou engadilos arrastrándoos sobre a ventana.
    • Para seleccionar arquivos pulse no recuadro ("Seleccione arquivos no seu ordenador")
    • Para arrastralos, léveos ata a zona central (enmarcada cunha liña discontinua)

    • Pode premer, na parte superior esquerda, en "Opcións", para ver máis opcións de subida de arquivos

 

Crear cartafoles

Pode empregar a opción "Novo Cartafol" para engadir novos cartafoles ó seu espazo:

 

Compartir arquivos e cartafoles

Para compartir un arquivo ou cartafol ten dous xeitos de facelo:

  • Poñendo o cursor encima do arquivo e premendo o botón dereito, e seleccionando a opción "Enlace público"
  • No menú "Máis" da parte superior, seleccionando "Enlace público"

 

Aparecen varias opcións para compartir o arquivo ou cartafol, premendo en "Xera o enlace" compártese o arquivo ou cartafol:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Opcións para compartir cartafoles

Opcións para compartir arquivos

Por defecto créase unh enlace cun "hash" elexido de xeito aleatorio. Recomendamos que polo xeral se deixe así, por ter unha maior seguridade.

Téñense varias opcións para compartir o arquivo:

  • Seguridade
    • Contrasinal: Protexe o acceso ó arquivo cun contrasinal, se se vai compartir cun usuario externo é recomendable facelo de este xeito
    • Caducidade: Pasados uns días (que se indican en "Caducidade"), deixa de compartirse o arquivo
    • Descargas permitidas: Restrinxe o acceso ó arquivo a un determinado número de accesos. Pasados estes deixa de compartirse. Se só se quere enviar un arquivo a unha persoa é preferible fixalo
    • Poden limitarse os dereitos de acceso: Descarga e Previsualización ou só un deles (normalmente as opcións por defecto son válidas)
  • Enlace
    • O DPV crea enlaces aleatorios, pero se se quere que o enlace sexa máis indicativo (do estilod e https://dpv.uvigo.es/o-meu-arquivo-compartido) pode indicarse aquí. É posible que xa se utilizase, de ser así pedirá que se indique outro distinto ou se deixe o enlace por defecto
    • Se se indica un nome lexible é recomendable protexer con contrasinal o recurso compartido

Pasados uns momentos de pulsar "Xera o enlace" aparece o enlace creado:

Pode enviarse por correo ("invita") dende o propio DPV ou copialo para envialo de outro xeito.

Recibir arquivos do exterior da Universidade

DPV permite recibir arquivos de persoas alleas á Universidade de Vigo

  • Crear un cartafol

  • Compartir o cartafol
    É necesario
    • Indicar nos permisos de acceso "Gardar", para que o destinatario poda subir arquivos
    • Indicar contrasinal de acceso (para que só quen o coñeza poda subir arquivos)
    • Indicar unha caducidade distinta da que se ten por defecto (uns días, unhas semanas, ....)
    • Deixar a DPV que cree o enlace de xeito automático
  • Enviar o enlace xerado ó destinatario

Opcións de configuración da conta

Para configurar as caracterísiticas da súa conta poden ir ó recuadro da parte superior dereita e seleccionar "A Miña Conta":

Pode indicar varias opcións:

  • Perfil
    • País (para xeolocalización)
    • Idioma (se quere ter configurado un idioma distinto do que se ten por defecto)
    • Recibir notificacións no escritorio
    • Repositorio por defecto (esto normalmente non é preciso modificalo)
  • Libreta de direccións
    • Engadir ou modificar direccións de contacto habituais. Serve para que o DPV complete automáticamente estas, pode ser útil se se comparte con frecuencia información coas mesmas direccións
  • Recursos compartidos
    • Lista os recursos (arquivos e cartafoles) que se teñen compartidos
  • Claves dispositivo
    • Lista os dispositivos que se teñen conectados a DPV (teléfonos IOS ou Android, clientes Windows, Linux ou Mac)
  • Preferencias de WebDAV
    • Se se ten habilitado o acceso WebDav, normalmente non é preciso e é preferible o uso do cliente convencional de escritorio, pero en Linux, que ten bos clientes de WebDav, pode ser unha alternativa máis lixeira ó cliente de Pydio (DPV)

 

 

  • Sin etiquetas