Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 3 Siguiente »

 

Administración de arquivos

Acceso FTP dende xestores de contidos

Algúns xestores de contidos (Joomla, Wordpress, etc.), para actualizar o propio software, para actualizacións, instalar ou borrar plugins, etc., precisan acceder por FTP ó propio servidor onde está a páxina web. Nestes casos os datos de conexión que se deben indicar son:

  • Servidor FTP: localhost.uvigo.es
  • Protocolo: FTP (é preferible neste caso, no que temos un acceso ó propio servidor, non empregar cifrado)
  • Usuario: O mesmo que se empreg para actualizar o espazo web (usuario, ou usuario@uvigo.es)
  • Raíz: /public (normalmente é suficiente indicar a ruta relativa dentro do espazo web)

Carpetas privadas

(info.) Moitas aplicacións precisan ter carpetas privadas para:

  • Librerías
  • Zonas de datos non publicados directamente (moodledata de Moodle)
  • Zonas de datos privados

Para este fin o espazo web dispón da carpeta "private", que é a que debe empregarse para aloxar estes arquivos. A ruta de esta carpeta no servidor é: 

/var/www/vhosts/usuario/private/

Recomendacións específicas para xestores de contidos

Contao

Contao ten algúns requisitos específicos:

  • Precisa que se reescriban todos os .html para que se reenvíen a index.php
  • Compre eliminar as cabeceras HTTP seguintes: X-Forwarded-Server, X-Forwarded-Host
    Contao as interpreta mal, este erro está documentado en: https://github.com/contao/core/issues/4615

(advertencia) De non seguir estas recomendacións Contao pode ter un comportamento impredecible (chega a borrar ou sobreescribir os datos da páxina web).

(info.) Fichero .htaccess modelo para Contao

.htaccess
RewriteEngine On
RequestHeader unset X-Forwarded-Host
RequestHeader unset X-Forwarded-Server
RequestHeader unset Connection
Header unset X-Forwarded-Host
Header unset X-Forwarded-Server
Header unset Connection
...
# Se os arquivos estan en usuario.webs.uvigo.es/ruta/ en lugar de en usuario.webs.uvigo.es
RewriteBase /ruta
...
# Reescribe os .html a index.php 
RewriteRule .*\.html$ index.php [L]

 

 

 

  • Sin etiquetas