Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 10 Siguiente »

Utilidades

Aceptar só peticións nunha URL determinada

Os espazos web son accesibles a través de varias URLs:

Por diversos motivos (por comodidade, para simplificar o acceso, etc.), o usuario pode querer acceder só por unha de elas.

Un xeito sinxelo de facer esto, e redirixir todas as peticións a http://usuario.webs.uvigo.es, é poñer, nun arquivo .htaccess na raíz do sitio web (dentro do directorio public) un arquivo similar ó seguinte (substituíndo "usuario" polo seu usuario web):

.htaccess
  RewriteCond %{HTTP_HOST} =usuario.webs2.uvigo.es
  RewriteRule ^(.*)$    http://usuario.webs.uvigo.es/$1 [L,R=301]

  RewriteCond %{HTTP_HOST} ^(webs([0-9]+).uvigo.es|webs.uvigo.es)$
  RewriteCond %{REQUEST_URI} ^/usuario/
  RewriteRule ^/usuario/(.*)$    http://usuario.webs.uvigo.es/$1 [L,R=301]

 

Limitar acceso a páxinas web (.htaccess)

Arquivo .htaccess

Para limitar o acceso a unha ruta no servidor web pódese facer incluíndo un arquivo de nome ".htaccess". Se non se indica expresamente limita o acceso á carpeta na que está ubicado e a todas as que estén por baixo de ela. Pode terse un arquivo de este tipo en calquera carpeta do seu espazo web.

O contido é similar ó seguinte:

.htaccess
AuthType Basic
AuthName "Zona Restrinxida"
AuthUserFile "/var/www/vhosts/usuario/private/.htpasswd"
Require valid-user

Arquivo .htpasswd (contrasinais e usuarios)

O arquivo .htpasswd (AuthUserFile) é un arquivo que contén os usuarios e contrasinais aceptados para o acceso a esta páxina web.

(info.) Compre que en "AuthUserFile" indique a ruta do arquivo .htpasswd de xeito absoluto, como: /var/www/vhosts/usuario/private/.htpasswd (esta é a ubicación que recomendamos para este arquivo).

Ten un formato do tipo:

usuario1:$1$TxjLW0lq$G3THdh2ZxuQxxXM3awSP3.
usuario2:$1$0QtBsYvb$kwVA8UyJn37gV8h6JXH5T1

Onde o primeiro campo son os usuarios admitidos (usuario1, usuario2, ....) e o segundo un "hash" do contrasinal. Este arquivo pode crearse coa utilidade "htpasswd" ou directamente creando o "hash" md5 do contrasinal elexido.

  • Empregando htpasswd

    @
    htpasswd -b  .htpasswd usuario3 o-meu-contrasinal
  • Empregando mkpasswd para crear o contrasinal

    @
    mkpasswd -m md5 o-meu-contrasinal

Recomendacións

  • (info.) A ubicación do arquivo .htpasswd é recomendable que esté fora do espazo publicado (public), a tal efecto pode ubicarse dentro da carpeta "private" no seu espazo web
  • (info.) Pode indicar que restrinxe o acceso só a un usuario ou a uns usuarios específicos nunha ubicación, indicando:

    AuthType Basic
    AuthName "Zona Restrinxida"
    AuthUserFile "/var/www/vhosts/usuario/private/.htpasswd"
    Require user usuario1 usuario2

Acceso FTP dende xestores de contidos

Algúns xestores de contidos (Joomla, Wordpress, etc.), para actualizar o propio software, para actualizacións, instalar ou borrar plugins, etc., precisan acceder por FTP ó propio servidor onde está a páxina web. Nestes casos os datos de conexión que se deben indicar son:

  • Servidor FTP: localhost.uvigo.es
  • Protocolo: FTP (é preferible neste caso, no que temos un acceso ó propio servidor, non empregar cifrado)
  • Usuario: O mesmo que se empreg para actualizar o espazo web (usuario, ou usuario@uvigo.es)

Erros comúns

Despois dun cambio de contrasinal para o acceso a base de datos aparece un erro en phpmyadmin

(info.) É preciso pechar a sesión en http://portal.webs.uvigo.es e voltar a abrila, o máis sinxelo é pechar o navegador que esté empregando.

 

  • Sin etiquetas