Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 4 Siguiente »

Conta de usuario

Esta conta, do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es serve para acceder a:

  • Rede sen fíos (wifi)
  • Correo electrónico
  • Servidor web de reenvío (Proxy) para acceso a publicacións electrónicas
  • Acceso autentificado a páxinas web
  • Aplicacións do servizo de Deportes (DeporXest)
  • Aplicacións do servizo de Cultura (CulturXest)

Activación de conta ou modificación dos datos básicos

A páxina de activación de conta ou modificación dos datos básicos da mesma pode empregarse para:

  • Activar a conta de usuario
  • Cambiar o contrasinal ou establecer un novo se se esqueceu este
  • Redirixir a conta e correo a outra dirección
  • Establecer unha mensaxe de resposta automática ós correos recibidos
  • Establecer a visibilidade da conta no directorio de contas de correo

Requisitos para a activación da conta de usuario

(info.) Para poder dispoñer dunha conta de usuario, compre ser un alumno con matrícula en vigor ou un traballador en activo da Universidade de Vigo.

Para activar a conta ou modificar os datos da mesma (cambiar o contrasinal, redirixir o correo ou establecer unha resposta automática ás mensaxes recibidas) compre ter:

  • Os datos de acceso á Secretaría Virtual da Universidade de Vigo
    • Número de DNI, pasaporte ou documento identificativo empregado na Secretaría Virtual
    • NIU : Número de 12 díxitos que se usa como identificador de acceso á Secretaría Virtual. No caso de que o usuario dispoña de tarxeta univesitaria (TUI) o NIU ven impreso na parte inferior da mesma.
    • Clave de acceso á secretaría virtual
  • DNI electrónico

No futuro engadiranse outros mecanismos de autentificación, en xeral pode consultar os mecanismos dispoñibles nesta páxina.

Acceso ó formulario de activación de conta ou modificación dos datos básicos

  1. Acceda á páxina de consulta de acceso web ó correo, http://correoweb.uvigo.es, e prema no enlace que hai na parte dereita da páxina:

  2. Indique os seus datos para autentificarse
    Pode elexir as seguintes opcións:
    1. Datos de acceso á Secretaría Virtual
      1. Indique que se vai a autentificar empregando o "NIU"
      2. Indique os datos de acceso á secretaría virtual (NIU, número de documento e chave de acceso):


    2. Usuario e contrasinal (se xa os coñece)
    3. DNIe
      Indique que se vai a autentificar empregando o DNI electrónico (DNIe).

 

Accederá a unha páxina dende a que poderá seleccionar a conta que desexa activar ou modificar (se un usuario é tanto alumno como persoal da universidade terá dúas contas, unha do tipo usuario@alumnos.uvigo.es e outra do tipo usuario@uvigo.es)

 

Activar conta ou establecer novo contrasinal

No formulario de edición de contas de usuario indique o seu novo contrasinal, e, unha vez que a páxina o de por bo (en base a unha serie de regras que se indican no propio formulario), prema en "Establecer contrasinal".

 

Establecer visibilidade no directorio de contas de correo

Por defecto as contas de correo aparecen como non visibles cara o exterior da Universidade de Vigo pero como visibles no buscador da páxina web da universidade se a consulta se fai dende a propia rede da Universidade de Vigo e como visibles no directorio de contas de correo do acceso web ó correo.

Hai tres posibilidades:

  • Conta visible para todo o mundo: Calquera pode consultar os datos básicos da conta (nome, apelidos, dirección de correo). Por motivos de seguridade e para non recibir unha cantidade esaxerada de SPAM non recomendamos esta opción.
  • Conta visible para usuarios na Universidade de Vigo: Aparecerá se se consulta o directorio de contas dende o acceso web ó correo ou no buscador da páxina web se esta consulta se fai dende a propia rede de datos da Universidade de Vigo
  • Non visible: A conta non aparecerá nos directorios de contas de correo

 

Redirixir a conta de correo e/ou establecer resposta automática ós correos

Pode empregarse este formulario para redirixir a conta de correo do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es a outra conta de correo, tanto nestes dominios como en dominios externos á Universidade de Vigo.

O formulario presenta o seguinte aspecto:

Pode indicar:

  • Direccións ás que se reenvía o correo: Se é máis de unha, separadas por comas.
  • Gardar copia dos correos: Deixa unha copia no buzón do usuario. (advertencia) Teña en conta que se non descarga ou borra esta copia no propio buzón do usuario este pode encherse e os correos ser rexeitados. Esta opción é útil para enviar unha copia a unha segunda dirección de correo ou para situacións temporais.
  • Resposta automática activada: Se quere que se envíe unha resposta automática ós correos recibidos. (info.) Teña en conta que esta non se envía por cada correo recibido, senón que, para un mesmo remitente, só se lle envía a resposta automática como moito unha vez cada 24 horas. Por exemplo, se remitente@dominio.es lle envía 4 mensaxes hoxe só recibirá unha resposta automatica á primeira de elas.
  • Mensaxe do autorrespondedor: A mensaxe que se enviará como resposta automática se esta está activada. É recomendable que faga algunhas probas despóis de establecela para comprobar que o texto é o esperado.

Unha vez indicados os datos premendo en "Modificar redirección" estes serán actualizados.

 

Non coñezo os meus datos de acceso á Secretaría Virtual

Os datos de acceso para a activación da conta de usuario son os mesmos que se empregan para o acceso á Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

(info.) Se non coñece estes datos de acceso pode obtelos dende a propia secretaría virtual.

(advertencia) Para os problemas de acceso á Secretaría Virtual, mecanismos de obtención do NIU e en xeral para consultas relativas ós servizos que esta presta, a información actualizada tense na páxina https://seix.uvigo.es/uv/web/app.php/axuda/. Na sección "Problemas de Acceso" pode consultar información máis completa sobre o procedemento de obtención das credenciais de acceso á Secretaría Virtual.

 

  1. Se esqueceu os seus datos de acceso (NIU, contrasinal de acceso á secretaría virtual) pode recuperalos premendo, na páxina principal da Secretaría Virtual, o enlace "Recuperar datos de acceso", pediráselle a conta de correo que indicou, se é alumno, ó matricularse.

  2. Se non dispón aínda de un identificador (NIU) na Secretaría Virtual, pode conseguilo seguindo o enlace "Cree o seu NIU" que aparece nesa páxina:

    Debe indicar a súa situación segundo corresponda (estudante ou persoal con contrato coa Universidade de Vigo)

    Se vostede é un alumno pediralle o seu NIF ou documento identificativo e o código de seguridade que se proporciona para a activación do NIU durante o proceso de automatrícula.

    Se vostede é persoal con contrato coa Universidade de Vigo (PAS ou PDI) debe indicar o código de seguridade que se proporciona ó asinar o contrato coa Universidade de Vigo.

 

 

 

  • Sin etiquetas