Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

Versión 1 Siguiente »

Contenido

Datos de conexión ó espazo web persoal

Os datos de acceso de conexión que se indican nestes exemplos son para usuarios no aloxamento webs2.uvigo.es, compre que revisen os seus datos de acceso en https://usuario.webs.uvigo.es/portal/

(info.) Compre que previamente teñan solicitado o espazo web.

ProtocoloServidorPorto / características de conexiónUsuarioSoftware de cliente
SFTP

webs2.uvigo.es

(info.) Compre que comprobe estes datos en http://usuario.webs.uvigo.es/portal/

22O usuario sen o dominio: se a conta de correo asociada é, por exemplo, webusuario@uvigo.es, o usuario a indicar para conectarse será webusuario

Hai moitos, dependendo do sistema operativo do cliente, pero algúns sinxelos de usar son:

FTP

webs2.uvigo.es

(info.) Compre que comprobe estes datos en http://usuario.webs.uvigo.es/portal/

21

(info.) É recomendable usar "FTP con TLS explícito", para cifrar a conexión ó servidor e impedir que o contrasinal do usuario ou datos privados da web (contrasinais, datos de configuración) circulen pola rede sen cifrado.

(advertencia) Modo Pasivo (é o modo por defecto en moitos clientes FTP)

O usuario sen o dominio: se a conta de correo asociada é, por exemplo, webusuario@uvigo.es, o usuario a indicar para conectarse será webusuario

Hai moitos, dependendo do sistema operativo do cliente, pero algúns sinxelos de usar son:

(info.) De entre estes, por ser máis sinxelo e ser sempre cifrado, recomendamos, de ser posible, que se empregue o primeiro dos modos de acceso (SFTP).

 

Configuración dun cliente FTP/SFTP

Configuración do acceso SFTP (FileZilla)

  1. Lanzamos o programa FileZilla

  2. Para conectarnos ó servidor webs.uvigo.es, creamos un novo sitio, seleccionando a opción "Archivo -> Gestor de Sitios"
    Indicaremos "Nuevo sitio":

  3. As opcións a indicar na configuración serán:
    1. Servidor: webs2.uvigo.es
    2. Protocolo: SFTP
    3. Porto: 22 TCP (non é preciso indicalo, é o elexido por defecto)
    4. Modo de acceso: Normal (con usuario e contrasinal)
    5. Usuario: O usuario que utilicemos (sen o dominio @uvigo.es)
    6. Contrasinal: O mesmo que para ler o correo
  4. Pulsamos "Aceptar" para gardar esta configuración, esta queda memorizada para outras ocasións
  5. Indicando "Conectar", establecerase a conexión a webs.uvigo.es
  6. Na primeira conexión pediranos que aceptemos a clave do servidor de páxinas web
  7. Veremos o directorio public_html, os arquivos publicados deben estar dentro de este directorio.

Configuración dun acceso SFTP (WinSCP)

  1. Lanzamos winSCP
  2. Indicamos en "Sesión", os datos da nova conexión que imos definir:

  3. As opcións a indicar na configuración serán:
    1. Protocolo: SFTP
    2. Porto: 22 TCP (non é preciso indicalo, é o elexido por defecto)
    3. IP ou nome do servidor: webs.uvigo.es
    4. Usuario: O usuario que utilicemos (sen o dominio @uvigo.es)
    5. Contrasinal: O mesmo que para ler o correo
  4. Indicamos o directorio de inicio, por comodidad podemos indicar directamente "public_html"

  5. Indicamos "Guardar"

  6. Unha vez feito esto conectámonos ó servidor, a primeira vez que se acceda indicará que a clave do servidor é descoñecida, e se desexamos gardala e confiar nela. Compre indicar que sí ("Aceptar"):

  7. Veremos un directorio public_html, só se publicará aquelo que esté baixo este directorio.

Configurar o acceso FTP (FileZilla)

  1. Lanzamos o programa FileZilla

  2. Para conectarnos ó servidor webs.uvigo.es, creamos un novo sitio, seleccionando a opción "Archivo -> Gestor de Sitios"
  3. As opcións a indicar na configuración serán:
    1. Servidor: webs.uvigo.es
    2. Protocolo: FTP
    3. Cifrado: FTP explícito sobre TLS
    4. Porto: 21 TCP (non é preciso indicalo, é o elexido por defecto)
    5. Modo de acceso: Normal (con usuario e contrasinal)
    6. Usuario: O usuario que utilicemos (sen o dominio @uvigo.es)
    7. Contrasinal: O mesmo que para ler o correo
  4. Non é preciso en principio configurar nada máis, pero se temos problemas na conexión pode ser útil forzar o modo FTP a "Pasivo" e limitar o número máximo de conexións a 1
  5. Pulsamos "Aceptar" para gardar esta configuración, esta queda memorizada para outras ocasións
  6. Indicando "Conectar", establecerase a conexión a webs.uvigo.es
    Veremos o directorio public_html, os arquivos publicados deben estar dentro de este directorio.

Configurar o acceso FTP (CoreFTP)

  1. Crear un novo sitio:
  2. As opcións a indicar na configuración serán:
    1. Servidor (Host/IP/URL): webs.uvigo.es
    2. Conexión (Connection): AUTH TLS (FTP con TLS explícito)
      1. Deshabilitar as opcións de SSL (SSL Listings, SSL Transfer), dado que non están soportadas
    3. Porto: 21 TCP (non é preciso indicalo, é o elexido por defecto)
    4. Usuario (Username): O usuario que utilicemos (sen o dominio @uvigo.es)
    5. Contrasinal (Password): O mesmo que para ler o correo
    6. OpenSSL
  3. Conectar (Connect)
  • Sin etiquetas