Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 2 Siguiente »

Cómo administrar bases de datos no espazo web persoal dos usuarios en webs.uvigo.es

Contenido

Bases de datos no espazo web persoal

No espazo web persoal  por defecto NON hai bases de datos creadas para este.

Se precisa dunha base de datos debe de solicitalo a dirección de soporte do hosting web, soporte.http@uvigo.es dende a dirección de correo asociada á páxina web.

As credenciais de acceso (usuario e contrasinal, nome da base de datos) serán enviadas por soporte.http@uvigo.es á dirección de correo electrónico que indique, ou será posible consultalas a través do portal do aloxamento web (http://usuario.webs.uvigo.es/portal)

Limitacións nas bases de datos do espazo web persoal

As limitacións para a creación de bases de datos son as seguintes:

  • Número de bases de datos por usuario: 1
  • Tipo de base de datos: mySQL (preferiblemente myISAM)
  • Nome da base de datos: O mesmo que o usuario
  • Acceso á base de datos:
    • Acceso mySQL: Local dende o propio servidor (non se da acceso remoto directo ó servidor de bases de datos por motivos de seguridade)
    • Acceso web: phpMyAdmin

Acceso para administración da base de datos

Deben indicar na páxina de administración da base de datos as credenciais de acceso (usuario e contrasinal) que se lle proporcionaron. En https://usuario.webs.uvigo.es/portal pode consultar este contrasinal inicial.

(info.) Pode cambiar este contrasinal dende o propio phpmyadmin, teña en conta nese caso que o contrasinal de acceso que se amosa en https://usuario.webs.uvigo.es xa non será válido.

Unha vez na páxina poderá ver as bases de datos asociadas a este, en principio verá únicamente unha base de datos propia, normalmente co mesmo nome que o usuario:

Configurar o acceso a base de datos en aplicacións

No acceso dende php debe indicar os datos de acceso que se lle proporcionaron.

(advertencia) Compre utilizar como nome de servidor "localhost.uvigo.es" ou "127.0.0.1", para indicar que se conecta a un servidor local, e que non empregue o máis común "localhost". Debido ó xeito en que está configurado o acceso ó servidor de bases de datos este último mecanismo non funcionará correctamente.

$conn = mysql_connect ( "localhost.uvigo.es", "usuario", "mipassword" ) ;

 

 

  • Sin etiquetas