Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 2 Siguiente »

Uso do servizo FileSender de Terena

Este servizo permite intercambiar arquivos para evitar os límites de tamaño do correo electrónico. Estes súbense e descárganse vía web. Este sistema permite enviar avisos por correo a diversos destinatarios e subir e compartir arquivos de ata 100 GB de tamaño.

Enviar arquivos empregando FileSender

Para empregalo compre ter unha conta válida do dominio @uvigo.es ou @alumnos.uvigo.es

  1. Conectarse a http://filesender.terena.org
  2. Premer en "Entrar" ("Logon")
  3. Se xa accedeu anteriormente dende o seu ordenador aparecerá un botón cun acceso directo sen necesidade de seguir estes pasos
  4. Se non é así, seleccionar "Spain" como país e, posteriormente, no listado que aparece, "Universidade de Vigo"
  5. Será redirixido ó servidor de autenticación da Universidade de Vigo, onde deberá indicar o seu usuario (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e contrasinal

  6. Aparecerá agora a páxina principal de Filesender
    Nela pode indicar:
    1. Destinatario do correo (calquera dirección de correo)
    2. Remitente (o seu usuario)
    3. Asunto do correo (Subject) que recibirá o destinatario
    4. Mensaxe a indicar
    5. Data de expiración (Expiry date): Data ata a que estará dispoñible a mensaxe, compre non indicar unha moi distante no tempo por seguridade (para deixar menos tempo dispoñibles os arquivos) e para evitar malgastar espazo nos servidores de Terena
    6. Arquivo
      Os limites de tamaño do arquivo son:
      1. (info.) Se o navegador soporta HTML5, 100 GB. A maior parte dos navegadores modernos soportan HTML 5, polo que tendo un navegador (Firefox, Chrome, Explorer, etc.) actualizado debería ter soporte de HTML 5
      2. Se o navegador non soporta HTML5, 2 GB
  7. Pode comprobar se o seu navegador soporta HTML 5 (e por tanto o límite de tamaño de arquivo é de 100GB) na parte superior dereita da páxina
  8. Subir o arquivo
  9. Premer "Send" para enviar o arquivo
  10. O destinatario recibirá unha mensaxe de correo co arquivo

 

Administrar arquivos enviados a través de FileSender

O usuario pode en calqueira momento administar os arquivos que subiu ata o momento a Filesender, ver cales ten subidos, o seu tamaño, data de expiración ou borralos.
Para elo ten que ir á opción "Mis Archivos" ("My Files"):

 

Recibir arquivos a través de FileSender

FileSender pode ser empregado non só para enviar arquivos grandes., senón tamén para recibilos. Se o remitente pertence á Universidade de Vigo ou a outras institucións académicas ou centros de investigación en Terena pode empregar FileSender do xeito indicado anteriormente empregando a conta de usuario que teña na súa institución de orixe.

Se non é así, FileSender proporciona un método para recibir arquivos de insitucións que non pertenzan a Terena, na opción "Invitaciones" ("Guest Voucher"):

  1. Ir á opción "Invitaciones":

  2. Compre indicar a dirección de correo do remitente ("Invitar a:"), e o asunto e texto da mensaxe de invitación, e premer en "Enviar la Invitación":
  3. A persoa á que invitou recibirá un correo cun enlace a FileSender que pode empregar para enviarlle os arquivos
  4. O usuario pode ver dende a mesma opción "Invitaciones" as invitacións que fixo anteriormente e anulalas se o considera preciso:

 

 

 

  • Sin etiquetas