Configuración do cliente ActiveSync en dispositivos móviles
Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia
O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.
Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.
Configuración do cliente ActiveSync
Algúns teléfonos permiten o acceso ó correo con ActiveSync, polo que poden ser empregados para acceder directamente ás contas Exchange (correo, libreta de direccións, axenda).
Excede o propoósito de este documento o indicar un listado ou referencia de modelos de teléfono móvil que soportan ActiveSync.
Os datos de conexión con ActiveSync son os seguintes, o xeito de indicalos pode variar según o modelo de teléfono empregado:
Servidor | correoweb.rectorado.uvigo.es | |
Acceso cifrado (SSL) | ||
Usuario | usuario | Nalgúns dispositivos compre indicar o usuario como: dominio\usuario RECTORADO\usuario |
Dominio | RECTORADO | |
Sincronizar | Correo Libreta de direccións Axenda |
Exemplo de configuración (Windows Phone)
Este é un exemplo de configuración cun emulador de Windows Phone, a configuración exacta pode variar. Neste exemplo o usuario empregado é do dominio EXCHANGE, aínda que o habitual será que sexan do dominio RECTORADO.
Nun primeiro intento podemos ver se o descubrimento da configuración funciona correctamente, de ser así os seguintes pasos non serían necesarios.
Se o anterior non funciona correctamente, indicar que non se descubra automáticamente a configuración e indicar manualmente esta:
Aquí unha vez máis podemos ver se detecta a configuración de Exchange correctamente de xeito automático, de ser así os seguintes pasos non serían necesarios. Se a configuración automática non é correcta deberemos indicar esta manualmente:
Por último indicaremos qué información queremos recoller no dispositivo móvil. Normalmente será toda a dispoñible (correo, contactos, calendario, tarefas):
Exemplo de configuración (Android)
Este é un exemplo de configuración nun dispositivo Android, a configuración exacta pode variar. Neste exemplo o usuario empregado é do dominio RECTORADO.
- Seleccione a súa aplicación de "Correo electrónico"
- Introduza os datos da sua conta de correo electrónico e prema no botón "Seguinte".
- Seleccione un tipo de conta "Microsoft Exchange ActiveSync"
- Configure os axustes do servidor poñendo especial atención na casilla "Dominio\nome de usuario" e no "Servidor Exchange".
- Por último configure as opcións da conta. As opcións por defecto son as recomendables na maioría dos casos.
O resto das pantallas pódense aceptar os valores por defecto que son os máis apropiados para a maioría dos casos.