Páginas hijas
  • Servizo de contas Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

 

Servizo Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia

(advertencia) O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia do Campus de Vigo.

(advertencia) Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.

 

No servidor Exchange danse dous tipos de servizo:

ServizoDescriciónCorreoContactosCalendario
Calendario ExchangeServizo pensado para compartir axendas e calendarios entre usuarios do dominio Windows da reitoría e edificio de xerencia(error)(tic)(tic)
Correo ExchangeServizo pensado só para usuarios do servizo corporativo BlackBerry, usuarios de terminais móviles BlackBerry empregando o servidor BES(tic)(tic)(tic)

Calendario Exchange

(advertencia) Non se recomenda o uso de este servizo de xeito xeral, salvo que non se teña outra alternativa ó mesmo.

  • Requisitos previos
    • Dispoñer dunha conta e posto de usuario configurados no dominio Windows da reitoría e edificios de xerencia (RECTORADO)
    • A conta Exchange asociarase a este usuario do dominio Windows "RECTORADO"
  • Solicitudes
    • Enviaranse por correo electrónico ou por teléfono ó Servizo de Atención a Usuarios na Reitoría e Servizos centrais nos teléfonos e direccións de correo que se indican nesta páxina.
  • Limitacións
    • Non se creará unha conta de correo Exchange asociada
      • O correo e os mecanismos de consulta do mesmo serán os mesmos que para o resto dos usuarios da Universidade de Vigo
    • A consulta ou configuración das axendas farase:
      • Dende Microsoft Outlook
      • Dende o acceso web ó servizo Exchange (http://correoweb.rectorado.uvigo.es)

Correo Exchange

(advertencia) Non se recomenda o uso de este servizo salvo para usuarios do servizo corporativo BlackBerry.

  • Requisitos previos
    • Dispoñer dunha conta e posto de usuario configurados no dominio Windows da reitoría e edificios de xerencia (RECTORADO)
    • A conta Exchange asociarase a este usuario do dominio Windows "RECTORADO"
    • Dispoñer dunha conta de correo no dominio @uvigo.es (usuario@uvigo.es)
      • As mensaxes de correo redirixidas a esta conta reenviaranse ó buzón de correo do servizo Exchange
  • Solicitudes
    • Enviaranse por correo electrónico ou por teléfono ó Servizo de Atención a Usuarios na Reitoría e Servizos centrais nos teléfonos e direccións de correo que se indican nesta páxina.

  • Limitacións
    • A conta de correo á que os remitentes enviaran as mensaxes será a do dominio @uvigo.es xa existente (usuario@uvigo.es)
    • (info.) Non se proporcionan mecanismos para a xestión da conta Exchange (cambio de contrasinal, activación, olvido de contrasinal ou modificacións nas características da conta). Calqueira tipo de cambio terá que ser solicitado ó Servizo de Atención ó Usuario.
    • O identificador de conta no servizo Exchange tentarase que coincida co nome de conta @uvigo.es para simplificar a xestión da mesma, pero non se pode garantir isto. En todo caso este identificador só é empregado para configurar a lectura do correo electrónico e non será empregado por outros usuarios para enviarlle mensaxes.
    • O acceso ó correo, axenda e libreta de direccións farase:
    • O tamaño máximo de mensaxe en tránsito é de 100MB, pero con tamaños por riba de 50MB pódense ter problemas na comunicación con outras contas de correo da propia universidade)

 

Mecanismos de acceso ó correo Exchange soportados

MecanismoDescripciónUsoServidor
Cliente web (OWA)Acceso ó correo, libreta de direccións e contactos a través de un navegador web.

(info.) É a forma de acceso máis sinxela e a que recomendamos para os usauriso de este servizo. Para ter un funcionamento completo compre que non se seleccione a casilla "Usar Outlook Web App Light".

http://correoweb.rectorado.uvigo.es
Outlook: conta ExchangeAcceso nativo Exchange

Acceso a Exchange dende a rede da Universidade de Vigo con ordenadores de sobremesa.

Se acceden dende fora da Universidade de Vigo este acceso compre indicar que en redes externas ten que conectarse empregando HTTP, comos e indica no manual de configuración do cliente Exchange.

exchange2010.exchange.uvigo.es
ActiveSyncAcceso a Exchange dende dispositivos móvilesAcceso desde dispositivos móviles modernos.correoweb.rectorado.uvigo.es
IMAPMecanismo de acceso tradicional ó correo.(info.) Non se recomenda este mecanismo de acceso, que non da acceso máis que ó correo electrónico (non permite consulta de axendas ou contactos).Consultar ó ATIC, recomendamos que se emporeguen os mecanismos enumerados anteriormente.
  • Sin etiquetas