Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 3 Siguiente »

Configuración dun cliente Microsoft Outlook

Contenido

Configuración dun cliente Outlook

(info.) Esta é a configuración para Microsoft Outlook 2013, que pode descargar dende o espazo web do ATIC.

A activación da licencia, estando dentro da rede da Universidade de Vigo, debería ser automática, en caso de ter problemas con ela pode recurrir ó Servizo de Atención ó Usuario (SAUM).

 

Os datos de configuración da conta son:

  • Servidor de correo entrante: imap.uvigo.es
    • Servidor de correo saínte (SMTP): smtp.uvigo.es
  • Nome de usuario: preferiblemente sen dominio 
  • O servidor de correo de saída (SMTP) require autentificación
  • Números de porto do servidor
    • Servidor de correo de entrada (IMAP): 993
      • Empregar conexión cifrada (SSL)
    • Servidor de correo de saída (SMTP): 587
      • Empregar conexión cifrada (TLS)

Crear unha conta de usuario

Dende Outlook ou dende o Panel de Control (no apartado de Correo) pode crear unha nova conta de correo.

 

  1. Pediránselle os datos para creala: Nome, dirección de correo e contrasinal

  2. Tentará detectar automáticamente a configuración do servidor de correo a partir de estes datos, conectándose a:
    http://uvigo.es/autodiscover/autodiscover.xml
  3. Configurará automáticamente a conta
    (tic) Se hai problemas con esta configuración automática pode revisarse manualmente
  4. Se hai problemas coa configuración automática ou se se quere revisala manualmente, pode indicarse, na parte inferior esquerda "Cambiar la configuración de la cuenta", para ver as características:
  5. Amosará as características (servidores de entrada e saída, portos empregados):

  6. En "Más configuraciones..." pode verse o resto da configuración detectada:

  7. Unha vez que prema en "Finalizar" tentará ler e enviar mensaxes, accedendo ó servidor tanto para entrada como para saída, e de este xeito comprobando que os datos do usuario son correctos:

 

  • Sin etiquetas