Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia
O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.
Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.
Configuración do cliente Outlook
O cliente de correo a empregar será Outlook. Para configurar Outlook no cliente seguiremos os pasos indicados a continuación, podemos configuralo:
- Con detección automática
- Configurando manualmente o cliente
As indicacións dadas son para Outlook 2010.
Configuración automática
Esta non sempre funciona, pero é conveniente probala por ser máis sinxela:
- Lanzar Outlook 2010
- Indicar os datos da conta
- "Su nombre": Nome descriptivo
- "Dirección de correo electrónica": Conta de correo (@uvigo.es)
- "Contraseña": Contrasinal da conta
- Pedirá os datos da conta, compre indicalos, no formato:
Se o usuario está dentro do dominio RECTORADO e dentro da rede da Universidade de Vigo, servirá indicar como usuario "usuario@uvigo.es"
Se estamos fora (e en todo caso é o que recomendamos) compre indicar o usuario no formato DOMINIO\usuario:
- Usuarios do dominio RECTORADO
- Usuario: RECTORADO\usuario
- Outros usuarios
- Usuario: EXCHANGE\usuario
- Usuarios do dominio RECTORADO
- Se a localización do servizo é correcta o indicará, é conveniente revisar a configuración detectada
- Isto faise seleccionando "Configurar manualmente las opciones del servidor"
Configuración manual
Abriremos Outlook e, se non hai creada unha conta lanzará o asistente para a creación da conta. Elexiremos a opción "Configurar manualmente las opciones del servidor o tipos de servidores adicionales" dado que imos a configurar unha cuenta nun servidor Exchange.
Como xa indicamos, ó tratarse dunha conta nun servidor Exchange, seleccionaremos a opción "Microsoft Exchange o servicio compatible" tal e como observamos na imaxe.
Introduciremos no campo "Servidor" o nome do servidor que presta o servizo Exchange: exchange.uvigo.es
A continuación, no campo "Nombre de usuario" introduciremos o nombre do buzón que queremos configurar e faremos clic no botón "Comprobar nombre".
Unha vez comprobado o usuario prememos "Siguiente" para continuar co asistente de creación de conta de correo.
Pediranos o contrasinal do usuario, no diálogo que aparece indicaremos:
- Usuario: RECTORADO\usuario
- Contrasinal: O que teña no dominio Windows da reitoría
Para concluir a configuración do buzón de correo premeremos botón "Finalizar".
Detalle das opcións de configuración
Neste apartado indícase a configuración detallada dunha conta de correo. A esta pódese acceder cando se configura manualmente a conta ou cando se autedetecta e se revisa manualmente, premendo en "Más configuraciones...".
- Configuración xeral da conta
- Conexión
Este apartado é especialmente importante para usuarios que se desplacen con portátiles ó exterior da Universidade de Vigo, compre que esté seleccionado "Conectar con Microsoft Exchange usando HTTP"
E, premendo en "Configuración de proxy de Exchange..." que a configuración sexa a seguinte:No acceso dende a rede wifi da Universidade de Vigo pode ser necesario marcar tamén a casilla ("En redes rápidas, conectar utilizando HTTP primero y después conectar utilizando TCP/IP").
- Seguridad