Tabla de contenidos |
---|
O PDI e PAS da Universidade de Vigo poden descargar dende Office 365 o software de Office e instalalo ata en 5 dispositivos distintos.
Esta instalación está suxeta ás mesmas condicións de uso que o software descargado dende https://soporte.uvigo.es/software
Descargar Office
Para descargar este software:
- Acceda a Office 365 cunha conta de usuario de PDI ou PAS válida
- Na páxina de entrada ir ó enlace "Instalar Office"
Este enlace pode non aparecer se a plataforma dende a que se accede non é compatible, compre acceder dende Windows ou Mac - Aparecerá un menú con dúas opcións
Normalmente a primeira ("Aplicaciones de Office 365") descargará a versión axeitada de Office para o seu sistema operativo.
Se non é así ou quere descargar unha versión para outra plataforma ou idioma pode elexir a segunda opción ("Otras opciones de instalación")
Recargar configuración
En ocasións pode ser preciso recargar a configuración do usuario, normalmente cando teña que volver a facer login xa se fará, de todos xeitos de non ser así pode, nas aplicacións de Office, pechar a sesión e voltar a facer login en O365 con este ou con outro usuario, ó facer esto recargarase a configuración.