...
Gardar e habilitar (Save an Enable) para habilitar o filtrado anti SPAM
Mover a carpetas separadas outros tipos de mensaxes (marketing, social, bulk)
O filtro antiSPAM de Lavadora tamén clasifica as mensaxes que corresponden a envíos masivos. Estas mensaxes non se marcan como SPAM, porque poden con facilidade corresponder a publicidade ou listas de correo que se queren recibir (marketing), listas de correo ou distribución de avisos de administracións (bulk, correo masivo) ou redes sociais (mensaxes de avisos de distintas redes sociais)
- Marketing: mensaxes de publicidade, fundamentalmente
Nos correos engádese a cabeceira:
X-Spam-Class: marketing - Bulk: mensaxes masivos (listas de correo, algunhas publicacións electrónicas, ....)
Nos correos engádese a cabeceira:
X-Spam-Class: bulk - Social: mensaxes de aviso de distintas redes sociais
Nos correos engádese a cabeceira:
X-Spam-Class: social
Se se quere, por exemplo, mover as mensaxes de publicidade a unha carpeta separada
- Crear a carpeta para mover a publicidade
- Ir a Filtros (Correo → Filtros)
E engadir unha nova regra - Indicar para esta regra
- Un nome (Publicidade)
- A cabecera que se examinará: X-Spam-Class
- O valor (neste caso marketing)
- A carpeta á que se envía o correo (Publicidade)
- A maiores pode marcarse como lida, para evitar que nos distraigan da lectura de outras mensaxes
- Gardar a regra (Garda)
Aparecerá activada no menú de Filtros